A área de Cultura reabre a Biblioteca Municipal Isidro Novo

Maite Ferreiro,  arquivo
Maite Ferreiro, arquivo

Maite Ferreiro: “seguindo as indicacións das autoridades sanitarias, só se ofertará servizo de préstamo e devolución mediante cita previa”

Os libros devoltos permanecerán en corentena durante 14 días

A área de Cultura reabre a Biblioteca Municipal Isidro Novo

Lugo, 01 de xuño de 2020. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou de que a biblioteca municipal Isidro Novo volve abrir unha vez foi permitido polas autoridades sanitarias. Segundo informou Maite Ferreiro, “nesta primeira apertura, só se permitirá o préstamo e devolución de libros pedindo cita previa”.

“Só se permitirá circular por espazos delimitados, mantendo a distancia de seguridade e pedindo á veciñanza que cumpra coas medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias”, informou Maite Ferreiro, que engadiu “o edificio cumpre coas condicións de limpeza e desinfección axeitadas e as obras devoltas cumpren un período de corentena de 14 días”.

A edil de Cultura lembrou que se pode consultar o catálogo da biblioteca no portal biblioteca.lugo.gal. A biblioteca abrirá 11 a 14 horas e de 17 a 20, mais para acudir será precisa cita previa, que se poderá solicitar no teléfono 982 277 414 ou no correo electrónico prestamos@lugo.gal. Maite Ferreiro declarou que os préstamos vencidos durante o estado de alarma ampliaranse até o 12 de xuño.

A área de Cultura reabre a Biblioteca Municipal Isidro Novo