AS BEIRARRÚAS ESTABAN LEVANTADAS DENDE A FUGA DE AUGA QUE SE PRODUCIRA EN OUTUBRO DE 2018

Arroxo comprobou o avance das obras na rúa Frei Plácido Rei Lemos

Rubén Arroxo, que estivo acompañado do edil de infraestruturas Alexandre Penas, asegurou “estamos activando todo o que estaba paralizado coa maior premura para facer que Lugo funcione”

Arroxo comprobou o avance das obras na rúa Frei Plácido Rei Lemos

 

Lugo, 11 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, visitou as obras da rúa Frai Plácido Rei Lemos para comprobar o seu avance. Arroxo  explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona pero quedaron sen rematar ata agora”. Arroxo estivo acompañado de técnicos municipais, e o edil de infraestruturas Alexandre Penas.

 

O Tenente de Alcaldea e explicou que “cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un by-pass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continúuaban sen rematar”. “Unha multitude de montóns de terra e barandas de plástico ocupan a beirarúa desta rúa próxima ao Parque de Rosalía de Castro” apuntou Arroxo.

 

 “Imos tentar dar unha solución rápida para evitar as importantes molestias que se veiña producindo e mellorar a imaxe da zona” afirmou Arroxo que estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Ámbolos dous concelleiros agradeceron, no primeiro día de goberno, as facilidades e colaboración do persoal de infraestruturas “á hora de axilizar e dar prioridade a un asunto que moitas persoas levaban reclamando dende fai case un ano”.