RUBÉN ARROXO SINALOU QUE “SOLO NÓS PODEMOS DAR SOLUCIÓN A CERTAS COUSAS POR QUE NON TEMOS ATADURAS NIN COMPROMISOS CON NINGUÉN MÁIS QUE CON POBO DE LUGO”

Arroxo disposto a integrar no novo goberno a ediles do actual equipo de Lara Méndez

O voceiro do BNG anunciou que “de xeito inmediato” se resolvería o tema das empresas que traballan sen contrato e iniciaría a municipalización de varios servizos

Arroxo disposto a integrar no novo goberno a ediles do actual equipo de Lara Méndez

Lugo, 26 de decembro de 2017. O voceiro do BNG-AA, Rubén Arroxo, reafirmouse na súa proposta de liderar unha moción de censura para cambiar o goberno do concello e facer que Lugo avance. Tras a xuntanza mantida co resto de voceiros dos grupos da oposición, Arroxo comprometeu que o novo goberno daría solución as irregularidades que fan que o concello manteña empresas prestando servizos sen contrato dende hai máis de 6 anos como é o caso da estación depuradora e da estación potabilizadora e explicou “son situacións de absoluta ilegalidade e solo nós podemos darlle solución por que non temos ataduras nin compromisos con ninguén máis que co pobo de Lugo”.

Ademais dos cinco proxectos anunciados onte o voceiro do BNG comprometeuse a iniciar “de inmediato” a municipalización dos servizos de guindastre e recollida do lixo e lembrou “que a empresa que leva o guindastre é unha das que se atopan baixo os sumarios do caso Pokemon”. Rubén Arroxo xa anunciara onte que, no caso de chegar á alcaldía, no que queda de mandato efectivizariase o derribo do Garañón, a peonalización da zona da Mosqueira, a creación da zona pública de baño, a construción de varios aparcadoiros disuasorios e a modificación das liñas de buses para que sexan eficientes.

No caso de prosperar a moción de censura, Rubén Arroxo manifestouse en disposición de integrar no novo goberno a ediles do actual equipo de Lara Méndez que dada a súa experiencia poderían aportar cousas positivas ao novo goberno de esquerdas. “Non todas as áreas de goberno funcionaron igual neste tempo e estariamos dispostos a sumar ao novo goberno a aqueles concelleiros e concelleiras que poidan facer unha boa laboura para o concello de Lugo”.