PARROQUIAS, COMO A DE PIUGOS, TEÑEN UN IMPORTANTE DÉFICIT DE MANTEMENTO NAS PISTAS DE TITULARIDADE MUNICIPAL

Arroxo propuxo un plan para atender as necesidades do Rural e se ordenen e prioricen as actuacións nas parroquias

Para o BNG non é normal que os asfaltados no rural se fagan de xeito aleatorio ou atendendo a cuestións que nada teñen que ver coas necesidade reais

Arroxo propuxo un plan para atender as necesidades do Rural e se ordenen e prioricen as actuacións nas parroquias

Lugo, 23 de outubro de 2018. Ediles do BNG visitaron a parroquia de Piugos para atender as demandas veciñais en relación ao mantemento das pistas de titularidade municipal. “Para o BNG non é normal que os asfaltados no rural se fagan de xeito aleatorio ou atendendo a cuestións que nada teñen que ver coas necesidade reais” dixo Rubén Arroxo.

O voceiro do BNG explicou que, nesta parroquia interveuse nalgunhas das pistas pero hai outras que nas que non se fixo nada durante anos, son as que peor están e parece que o goberno municipal non ten intención de facer nada nas zonas máis deterioradas. Parroquias, como a de Piugos, teñen un importante déficit de mantemento nas pistas de titularidade municipal.

O voceiro do BNG sinalou que o actual goberno municipal “ten desatendidas ás parroquias do concello de Lugo” e engadiu “a falta de coñecemento e de contacto coa veciñanza, ademais dunha xestión eficiente da área de medio rural provoca que a maior parte das parroquias teñan pistas nun estado lamentable”.

Desatención e superavit

Rubén Arroxo sinalou que “o actual goberno socialista é incapaz de executar as  partidas do orzamento municipal mentres case é imposible transitar nalgunhas parroquias”. Arroxo propuxo un plan para atender as necesidades do Rural e se ordenen e prioricen as actuacións nas parroquias. “Non se pode atender ao rural baixo criterios electoralistas, hai que ter un plan con criterios técnicos para lograr unha maior eficiencia nos traballos de arranxo das pistas rurais” concluíu Arroxo.