O VOCEIRO DO BNG-AA NO CONCELLO DE LUGO FOI CRÍTICO CO FEITO DE QUE O DELEGADO DA XUNTA ANUNCIE AGORA QUE SE LIMPAN OS TERREOS DA TINERÍA CANDO O BNG XA O SOLICITARA EN XUÑO

“Balseiro debería pedir desculpas polo estado da Tinería en vez de anunciar desbroces en setembro” dixo Arroxo

A maleza dos predios propiedade da Xunta de Galiza chegou a tapar fiestras dalgunhas vivendas da Tinería durante este verán 

“Balseiro debería pedir desculpas polo estado da Tinería en vez de anunciar desbroces en setembro” dixo Arroxo

Lugo, 9 de setembro 2017. “A borracheira mediatica na que vive o sr. Balseiro, tratando de situarse para acadar a presidencia da Deputación, non lle permite diferenciar o que son anuncios institucionais do que son declaracións que poden convertirse nun insulto á intelixencia de veciños e veciñas, como sucedeu esta semana co anuncio dos desbroces dos terreos da Xunta no barrio da Tinería”, así de contundente foi o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo para criticar o anuncio feito polo Delegado da Xunta en Lugo.

“A borracheira mediatica na que vive o sr. Balseiro, tratando de situarse para acadar a presidencia da Deputación, non lle permite diferenciar o que son anuncios institucionais do que son declaracións que poden convertirse nun insulto á intelixencia de veciños e veciñas


“Balseiro debería pedir desculpas polo estado da Tinería en vez de anunciar desbroces en setembro” dixo Arroxo que lembrou que “a maleza dos predios propiedade da Xunta de Galiza chegou a tapar fiestras dalgunhas vivendas da Tinería durante este verán. O BNG-AA xa rexistrara unha solicitude formal a principios do mes de xuño para que o goberno municipal actuara aplicando a ordenanza de Medio Ambiente, tamén, nos terreos propiedade da Xunta e actuara de xeito subsidiario ante a falta de medidas por parte da Xunta para manter os terreos nas debidas condicións.


“A maleza dos predios propiedade da Xunta de Galiza chegou a tapar fiestras dalgunhas vivendas da Tinería durante este verán e houbo moitas queixas veciñais e mesmo os medios de comunicación recolleron esta situación en diversas ocasións” dixo Rubén Arroxo e sinalou “todo esto produciuse a pesares de que o BNG xa advertira desta situación antes do comenzo do verán”. . O voceiro do BNG afirmou que “o que ocurre nos predios da Tinería que son propiedade da Xunta é todo o contrario á disposición da ordenanza de Medio Ambiente, estando cheos de maleza e totalmente abandoados, ademais de crear problemas pola presencia de fauna e lixo”.


Rubén Arroxo explicou que “no barrio da Tinería a Xunta ten terreos que se atopaban nun estado selvático e mesmo a maleza chegou a invadir a vía pública”. Na ordenanza de Medio Ambiente do Concello de Lugo está reflectido, no punto 1º do artigo 302, que os propietarios de soares que linden coa vía pública deberán valalos con cerramentos permanentes situados na aliñación oficial, mantelos libres de residuos e en condicións de hixiene, seguridade e ornato de conformidade co disposto nos artigos 21 e 245 da Lei do Solo