“MANTIVEMOS A PRIMEIRA DAS XUNTANZAS CON VECIÑAS E VECIÑOS PARA COÑECER O SEU PUNTO DE VISTA FALAREMOS CON TÉCNICOS E PRESENTAREMOS UN PLAN CON SOLUCIÓNS” DIXO ARROXO

O BNG-AA buscará unha solución para o tráfico de Fontiñas ante a falta de iniciativa do goberno municipal

Xuntanza de ediles do BNG-AA con veciñas e veciños da zona
Xuntanza de ediles do BNG-AA con veciñas e veciños da zona

Neste momento a zona de Fontiñas é un dos puntos negros do tráfico en Lugo, o BNG ven propoñendo a creación de aparcadoiros disuasorios na zona para despexar a circulación

O BNG-AA buscará unha solución para o tráfico de Fontiñas ante a falta de iniciativa do goberno municipal

Lugo, 2 de decembro 2016. Ediles do BNG-AA mantiveron unha primeira xuntanza con veciñas e veciños da zona de Fontiñas para analizar e escoitar diferentes propostas que sean conducentes a buscar unha solución para o tráfico desta zona. O voceiro municipal do BNG-AA, Rubén Arroxo, sinalou que “neste momento a zona de Fontiñas é un dos puntos negros do tráfico en Lugo” e lamentou a “falta de iniciativa do goberno municipal” para darlle unha solución real ao problema.

"xa presentamos un plan para crear tres posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados.”

Rubén Arroxo sinalou que “a pesares de que hai un acordo plenario a Mesa do Plan de Mobilidade non se chegou a constituír e xa vai máis dun ano que se tería que ter reunido” e afeou “nin alcaldesa nin o equipo de goberno teñen a intención de poñerse a traballar dun xeito serio para resolver os problemas de tráfico nesta cidade”. Arroxo asegurou que o BNG-AA buscará unha solución para o tráfico de Fontiñas ante a falta de iniciativa do goberno municipal.

“Mantivemos a primeira das xuntanzas con veciñas e veciños para coñecer o seu punto de vista falaremos con técnicos e presentaremos un plan con solucións” dixo Arroxo e afirmou que “no seu momento presentaremos unha proposta integral para Fontiñas”. O BNG ven propoñendo, dende fai tempo, a creación de aparcadoiros disuasorios na zona para despexar a circulación. Arroxo destacou que “nos xa presentamos un plan para crear tres posibles ubicacións para resolver os problemas de aparcamento que sumarían un total de 6.600 metros cadrados.”

Arroxo cualificou como “moi positiva e enriquecedora” a xuntanza con veciñas e veciños e anunciou que “seguiremos traballando e reuníndonos con técnicos e especialistas ademais que con todos os colectivos da zona para recoller todas as inquedanzas e preocupacións que conduzan á mellor das solucións para Fontiñas”. Rubén Arroxo aproveitou para agradecer o traballo e preocupación de todas as persoas que aportan solucións e ideas para mellorar o barrio e explicou que “foron moitas as persoas que xa contactaron con BNG para manifestar as súas preocupacións por este barrio”.

Na proposta do BNG-AA figuran os dous terreos máis próximos ao centro da cidade, un na esquina de Fontiñas co Carril de Caiños e outro ao longo da rúa Primavera fronte a centro socio-cultural Maruja Mallo. Rubén Arroxo lembrou que un destes solares xa funcionou como aparcadoiro mentres se fixeron, en outro momento, obras en Fontiñas e o outro xa funciona, tamén, como aparcadoiro nas súas beiras. O outro grande aparcadoiro daría solución aos problemas de tráfico na zona dos conservatorios de música e danza e ocuparían máis de 4.000 metros cadrados na intersección da ronda Xosé Castiñeira coa rúa Xesús Bal e Gai.

Rubén Arroxo lembrou que pleno da corporación lucense xa aprobou, no mes de febreiro deste ano, unha iniciativa do BNG – Asembleas Abertas para buscar un uso social aos terreos baleiros que están situados no casco urbano da cidade. Un dos usos propostos na iniciativa dos nacionalistas era o de crear aparcadoiros gratuítos que servisen como aparcamentos disuasorios para evitar a masificación de vehículos nas rúas da cidade.

O BNG-AA buscará unha solución para o tráfico de Fontiñas ante a falta de iniciativa do goberno municipal