OS SERVIZOS SOCIAIS DE LAMAS DE PRAZO QUEDAN MINGUADOS E TODA A XENTE QUE O PRECISA DESATENDIDA POLA INCOMPETENCIA DO GOBERNO SOCIALISTA

O BNG-AA denuncia que non se está a cubrir as baixas en Servizos Sociais “cando máis falta fan”

Maite Ferreiro explicou que “o goberno non foi capaz de cubrir a baixa dunha das traballadoras sociais do concello, cando a baixa estaba prevista e é de longa duración”

O BNG-AA denuncia que non se está a cubrir as baixas en Servizos Sociais “cando máis falta fan”

Lugo, 18 de outubro de 2017. O edil do BNG – AA no concello de Lugo, Maite Ferreio, denunciou que “o goberno municipal non está a cubrir as baixas no servizos sociais, cando este debe ser un dos servizos prioritarios do concello pola elevada demanda que teñen”. Ferreiro explicou que “o goberno non foi capaz de cubrir a baixa dunha das traballadoras sociais do concello, cando a baixa estaba prevista e é de longa duración”. Neste momento o Centro Social de Lamas de Prado queda atendido, dende fai máis de un mes, por unha única traballadora social e unha enorme carga de traballo.

Maite Ferreiro sinalou que “hai persoas agardando que se lles resolva a presetación do servizo de Xantar no Fogar dende fai máis de dous anos e esto é debido á falta de persoal”. Tamén existen retrasos importantes na tramitación da RISGA que precisa o informe da traballadoras sociais. “Parece que estamos ante un goberno, que a pesares de chamarse socialista, é insensible ás necesidades das persoas que máis o necesitan” afirmou Maite Ferreiro e suliñou que “parece que nin á concelleira desta área, nin á alcaldesa, lles importa o que suceda nos diferentes departamentos municipais, por que esta situación repítese cada día”.

Ferrerio lembrou que “a atención no departamento de servizos sociais está absolutamente bloqueada por falta de persoal” e lembrou que “o BNG xa demandou en diferentes ocasións que se este servizo se declarara como prioritario para poder incrementar os recursos humanos de atención ás persoas que precisan atención de este departamento”. A edil nacionalista sinalou que “no ano pasado tamén se viviu unha situación similar na casa da muller, dependente desta mesma concellería de Servizos Sociais, que estivo varios meses sen persoal para atender os pisos de acollida.”