O BNG-AA PEDIRÁ UNHA REVISIÓN INTEGRAL DO SISTEMA DE SANEAMENTO E DO SISTEMA DE BOMBEO INSTALADO PARA ELEVAR AS AUGAS FECAIS ATA OS COLECTORES XERAIS

O BNG-AA denuncia vertidos de augas fecais en Pías e pide a revisión do sistema de bombeo

IMG_0718

O voceiro do BNG-AA sinalou que “en algo máis de 2 anos de funcionamento xa houbo 3 fugas e as augas fecais incluso chegaron ás portas dalgunha vivenda”

O BNG-AA denuncia vertidos de augas fecais en Pías e pide a revisión do sistema de bombeo

 

Lugo, 10 de xullo 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, ven de denunciar a existencia de verquidos de augas fecais na parroquia de Pías. Durante a pasada fin de semana unha das estancións de bombeo de augas residuais da parroquia de Pías presentou fallos e provocou o verquido de augas fecais á vía pública no medio de varias casas. Segundo explicou o voceiro do BNG-AA “en algo máis de 2 anos de funcionamento xa houbo 3 fugas e as augas fecais incluso chegaron ás portas dalgunha vivenda”.

O BNG-AA pedirá unha revisión integral do sistema de saneamento e do sistema de bombeo instalado para elevar as augas fecais ata os colectores xerais. Para Rubén Arroxo “trátase de que se faga un mantemento axeitado deste sistema de bombeo e que se revise se foi correctamente instalado e dimensionado para cumprir coa súa unción”. O sistema de recollida de augas residuais de Pías foi posto en funcionamento fai un pouco máis de 2 anos despois de pasar varios anos instalado pero sen que fora posto en funcionamento.

Arroxo sinalou que neste período xa houbo “polo menos” tres fugas de augas residuais e algunha delas estivo a piques de afectar a unha vivenda. A maior parte das augas residuais da parroquia de Pías son bombeadas ata os colectores do polígono industrial do Ceao e “se hai fallos na bombas todas as augas fecais volven cara atrás e saen no medio das vivendas” dixo Arroxo que engaidu “o ocurrido nesta fin de semana pode volver a ocurrir en calquera momento se non se fai a revisión axeitada”.

O BNG-AA denuncia vertidos de augas fecais en Pías e pide a revisión do sistema de bombeo