ARROXO ANUNCIOU QUE "SERÁ DIFÍCIL CHEGAR A ACORDOS POR QUE OS GOBERNANTES DO PSOE NON FORON CAPACES DE EXECUTAR O ORZAMENTO QUE ELES MESMOS PROPUXERON"

Para o BNG-AA "a execución dos orzamentos do 2016 non xenerou confianza para poder apoiar os do ano 17"

Rubén Arroxo sinalou que “presentamos máis de 70 propostas e apenas se cumpriron media ducia, quedaron cousas importantes sen executar por incompetencia do goberno

Para o BNG-AA "a execución dos orzamentos do 2016 non xenerou confianza para poder apoiar os do ano 17"

Lugo, 22 de outubro 2016. O voceiro do BNG – AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que estamos a dous meses de finalizar o exercicio orzamentario do ano 2016 e que “hai partidas orzamentarias que non se executaron, e dificilmente se executarán” e sinalou  “presentamos máis de 70 propostas e apenas se cumpriron media ducia, quedaron cousas importantes sen executar por incompetencia do goberno, non foron capaces de poñer en marcha nin as súas propias propostas”. Rubén Arroxo anunciou que “será difícil chegar a acordos por que os gobernantes do PSOE non foron capaces de executar o orzamento que eles mesmos propuxeron” e lembrou que “no exercicio pasado abstivémonos para dar un voto de confianza a un goberno recén chegado pero a experiencia deste ano dicta que as promesas foron papel mollado”.

Rubén Arroxo puxo como exemplo dos incumprimentos orzamentarios a creación da zona pública de baño, para que o goberno destinou unha partida de 250.000 € nos orzamentos do ano 2016 e da que “non  hai nada feito agás unha batimetría coa que a alcaldesa tenta convencer aos lucenses de que, para o vindeiro ano, van facer algo despois de estar agardando dende o ano 2009 no que a zona de baño foi anunciada polo goberno socialista”. Arroxo referiuse aos moitos acordos plenarios incumpridos para os que había partidas orzamentarias e que “non se executaron pola incompetencia do goberno municipal”.

Segundo o voceiro do BNG-AA outro dos asuntos que os gobernos socialistas levan prometendo dende o ano 2013 é a posta en marcha de hortos urbáns. “Esta actuación é sinxela por que o concello dispón de terreos e non ten un elevado custo, é un claro exemplo do que se pode facer con vontade, é o único que se precisa” sentenciou Arroxo e explicou “a pesares de que houbo un compromiso claro por parte de responsables do goberno municipal, a realidade é que Lugo segue sen hortos urbáns municipais”.

Outra das intervencións ás que fixo referencia Rubén Arroxo foron a implantación de zonas 30 en rúas da cidade e á peonalización do tramo Mosqueira, “foron dúas propostas do BNG-AA aprobadas polo pleno da corporación xa fai moitos meses pero non houbo vontade por parte do goberno”. No plan de investimentos, que recollía o documento orzamentario do 2016, había unha partida de 1 millón de euros para a zona urbana dentro dos que se puideron consignar estas actuacións. Arroxo advertiu que “entendemos que estas actuacións poden ter a súa complexidade e desenvolverse por fases, pero a realidade é que non se fixo absolutamente nada”.
 

Para o BNG-AA "a execución dos orzamentos do 2016 non xenerou confianza para poder apoiar os do ano 17"