“MOITAS PERSOAS NON SABEN COMO ACTUAR NO CASO DE QUE LLES APAREZAN ESCOMBROS OU LIXO NA SÚA PROPIEDADE E ISTO PODE CONVERTERSE NUN PROBLEMA” ASEGUROU RUBÉN ARROXO

O BNG – AA iniciará un plan de información polas parroquias para eliminar dos vertedoiros incontrolados

IMG_8795
Rubén Arroxo, Lois Blanco e Maite Ferreiro, presentando a campaña.

O BNG fará unha campaña de divulgación polas parroquias para informar a veciñas e veciños de como actuar se saben dalgún vertedoiro de lixo

O BNG – AA iniciará un plan de información polas parroquias para eliminar dos vertedoiros incontrolados

Lugo, 20 de outubro, 2016. Dentro do plan para a eliminación dos vertedoiros incontrolados posto en marcha polo BNG - AA os nacionalistas levarán información ás parroquias de Lugo para que as veciñas e veciños saiban como actuar en caso de coñecer a ubicación dalgún punto de acumulación de lixo. Arroxo lembrou que “ao longo de todo o territorio do municipio existen puntos de acumulación de lixo en camiños, montes veciñais e fincas particulares” e sinalou que “no caso dos terreos particulares, en moitos casos, as persoas propietarias non saben como deben actuar para que se lles retire e para evitar ser sancionados por falta medioambiental”.

Arroxo destacou a importancia da colaboración veciñal e afirmou “traballaremos coa veciñanza para eliminar os vertedoiros incontrolados do rural”. Arroxo dixo “independentemente do pasotismo do goberno municipal o BNG-AA vai traballar para que non se incremente un problema que estivo controlado e que agora volve ser unha lacra no noso concello”. O BNG fará unha campaña de divulgación polas parroquias para informar a veciñas e veciños de como actuar se saben dalgún vertedoiro de lixo.

Arroxo animou a todas as veciñas e veciños a poñerse en contacto con BNG para denunciar a existencia destes vertedoiros nas pistas e montes do concello de Lugo e afirmou que “denunciaremos e faremos seguimento a todas as denuncias para que o concello actúe”. Ademais Arroxo dixo que “informaremos a todas as persoas que non saiban como teñen que actuar no caso de atopar o saber dun vertedoiro incontrolado de daremoslles o apoio do grupo municipal do BNG – AA para conseguir que Lugo volva ser o espazo limpo que ten que ser”. Rubén Arroxo sinalou que no pleno do concello deste mes tratarase unha iniciativa presentada polo BNG sobre este tema para que toda a corporación tome consideración sobre este asunto.

O BNG – AA iniciará un plan de información polas parroquias para eliminar dos vertedoiros incontrolados