“NESTE MOMENTO A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA ESTÁ SEN DIRECCIÓN A PESARES DE QUE EN FEBREIRO SE NOS DIXO QUE SOLO FALTABA UN PAPEL” EXPLICOU MAITE FERREIRO

O BNG-AA lamenta que a Banda de Música continúe sen dirección e preguntará se o vai ter para o San Froilán

Imaxe de arquivo dunha xuntanza de ediles do BNG con integrantes da Banda Municipal de Música
Imaxe de arquivo dunha xuntanza de ediles do BNG con integrantes da Banda Municipal de Música

O goberno municipal continua co desmantelamento dos servizos municipais, cultura perdeu a xefatura de servizo, a dirección da banda e recentemente houbo outra xubilación

O BNG-AA lamenta que a Banda de Música continúe sen dirección e preguntará se o vai ter para o San Froilán

Lugo, 25 de setembro de 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, lamentou que a Banda de Música chegue se director ás festas de San Froilán. “Neste momento a Banda Municipal de Música está sen dirección cando vai facer un ano da xubilación do anterior director” sinalou Maite Ferreiro. “Neste momento a Banda Municipal de Música está sen dirección a pesares de que en febreiro se nos dixo que solo faltaba un papel” explicou Maite Ferreiro que ironizou “parece que a edil de cultura segue buscando ese papel, mentres o que debería ser símbolo musical do concello segue sen dirección”.

Maite Ferreiro dixo que “a data de xubilación do Director da Banda era coñecida dende fai anos” e engadiu “está claro que para este goberno o as cuestións relacionadas coa cultura e, concretamente, a Banda de Música non son asunto prioritario”. A edil do BNG-AA pediu que “se axilicen os trámites para que a Banda de Música conte, no espazo de tempo máis curto posible, cun persoa ocupando a praza de dirección”. “Agardamos que os responsables do goberno municipal manteñan o interese pola Banda que este colectivo, revitalizado tras a creación da Escola Municipal de Música, se merece” afirmou Ferreiro.

A edil do BNG lembrou que “na comisión de cultura do mes de febreiro a responsable de cultura informou que comenzara os trámites para cubrir a praza de dirección da banda en xuño de 2016, pero a día de hoxe esta praza segue sen cubrirse” e para o BNG-AA “esto indica a falta de capacidade de xestión do goberno socialista que en máis dun ano son incapaces de cubrir unha praza tan significativa como esta”. A edil nacionalista dixo “queremos saber se esta situación se vai solventar para as festas patronais de Lugo ou se o goberno do PSOE vai continuar mirando para outro lado”.

Desmantelamento do servizo de cultura

O goberno municipal continua co desmantelamento dos servizos municipais, cultura perdeu a xefatura de servizo, a dirección da banda e recentemente houbo outra xubilación neste servizo e tampouco ten visos de que este posto de traballo sexa cuberto. Para o BNG-AA “a desfeita do servizo de cultura é evidente” e Maite Ferreiro destacou que “Basadre sempre se queixa da falta de persoal” polo tanto “ou é ninguneada polo resto do grupo socialista de goberno ou ten un importante problema de xestión”.