“NESTE MOMENTO A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA ESTÁ SEN DIRECCIÓN, A PESARES DE QUE O GOBERNO XA COÑECÍA, FAI MOITO TEMPO, DA XUBILACIÓN DO DIRECTOR” EXPLICOU MAITE FERREIRO

O BNG-AA lamenta que a Banda de Música non forme parte da programación de Nadal pola falta de previsión do goberno

IMG_8985

Todo parece indicar que, este ano, a Banda estará ausente de eventos nos que era tradicional a súa presenza como a Cabalgada ou os concertos nas residencias de maiores

O BNG-AA lamenta que a Banda de Música non forme parte da programación de Nadal pola falta de previsión do goberno

Lugo, 17 de decembro 2016. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, lamentou que a Banda de Música non forme parte da programación de Nadal pola falta de previsión do goberno municipal. “Neste momento a Banda Municipal de Música está sen dirección, a pesares de que o goberno xa coñecía, fai moito tempo, da  xubilación do Director” explicou Maite Ferreiro. Coa recente xubilación do Director da Banda, Rosendo Iborra, a banda municipal de música quedou sen dirección e parece que non poderá actuar ata que se solvente a substitución do director.

Maite Ferreiro dixo que “a data de xubilación do Director da Banda é coñecida dende fai anos” e engadiu “trátase de falta de previsión e de deixadez do goberno municipal, non ten outra explicación”. A edil do BNG-AA pediu que “se axilicen os trámites para que a Banda de Música conte, no espazo de tempo máis curto posible, cunha persoa á fronte que se encargue da dirección”. “Agardamos que os responsables do goberno municipal manteñan o interese pola Banda que este colectivo, revitalizado tras a creación da Escola Municipal de Música, se merece” afirmou Maite Ferreiro.

Todo parece indicar que, este ano, a Banda estará ausente de eventos nos que era tradicional a súa presenza como a Cabalgada de Reises ou os concertos nas residencias de maiores. A Programación do Nadal, presentada pola concelleira de Cultura, non contempla a presenza da Banda de Música Municipal, para a edil do BNG-AA “é unha lástima que un dos recursos culturais máis importantes do Concello de Lugo quede fora da programación do Nadal e agardamos que a situación se solvente o máis axiña posible”.

O BNG-AA lamenta que a Banda de Música non forme parte da programación de Nadal pola falta de previsión do goberno