PARA O BNG-AA “É INEXPLICABLE QUE DESPOIS DE UN ANO NON SE QUIXERA DAR SOLUCIÓN A ESTA CONTRATACIÓN DUNHA PERSOA PARA DIRIXIR A BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA”

O BNG-AA lamenta que se celebre o día de Sta. Icía, patroa da música, sen dirección na Banda Municipal

IMG_8985
Foto de arquivo dunha visita de ediles do BNG a un ensaio da Banda Municipal de Música

“Neste momento a Banda Municipal de Música está sen dirección a pesares de que en febreiro se nos dixo que solo faltaba un papel” explicou Maite Ferreiro

O BNG-AA lamenta que se celebre o día de Sta. Icía, patroa da música, sen dirección na Banda Municipal

Lugo, 21 de novembro de 2017. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, lamentou que a Banda de Música chegue sen dirección á celebración do día de Sta. Icía, patroa da música. “Neste momento a Banda Municipal de Música está sen dirección cando vai facer máis dun ano da xubilación do anterior director” sinalou Maite Ferreiro. “A pesares de que en febreiro se nos dixo que solo faltaba un papel para a contratación da persoa que se faría cargo da dirección da Banda de Música, esta segue sen producirse” explicou Maite Ferreiro que ironizou “parece que a edil de cultura segue buscando ese papel, mentres o que debería ser símbolo musical do concello segue sen dirección”.

Maite Ferreiro dixo que “a data de xubilación do Director da Banda era coñecida dende fai anos” e engadiu “está claro que para este goberno o as cuestións relacionadas coa cultura e, concretamente, a Banda de Música non son asunto prioritario”. A edil do BNG-AA pediu que “se axilicen os trámites para que a Banda de Música conte, no espazo de tempo máis curto posible, cun persoa ocupando a praza de dirección”. “Agardamos que os responsables do goberno municipal manteñan o interese pola Banda que este colectivo, revitalizado tras a creación da Escola Municipal de Música, se merece” afirmou Ferreiro.

A edil do BNG lembrou que “na comisión de cultura do mes de febreiro a responsable de cultura informou que comenzara os trámites para cubrir a praza de dirección da banda en xuño de 2016, pero a día de hoxe esta praza segue sen cubrirse” e para o BNG-AA “esto indica a falta de capacidade de xestión do goberno socialista que en máis dun ano son incapaces de cubrir unha praza tan significativa como esta”.

O BNG-AA lamenta que se celebre o día de Sta. Icía, patroa da música, sen dirección na Banda Municipal