OS NACIONALISTAS PROPOÑEN A CREACIÓN DUN ESPAZO QUE ALBERGUE A HISTORIA DA VIDA DE LUGO CON FONDOS DO ARQUIVO E OUTROS ELEMENTOS QUE SON PATRIMONIO MUNICIPAL

O BNG-AA levará ao pleno a musealización do patrimonio municipal que forma parte da historia de Lugo

Rubén Arroxo afirmou que “o concello conta con moito patrimonio que é historia desta cidade e debería ser catalogado, conservado e exposto ao público”

O BNG-AA levará ao pleno a musealización do patrimonio municipal que forma parte da historia de Lugo

Lugo, 12 de xullo 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, presentará unha proposta no pleno da corporación para que o concello de Lugo promova a catalogación, conservación e musealización de patrimonio histórico municipal. Rubén Arroxo afirmou que “o concello conta con moito patrimonio que é historia desta cidade e debería ser catalogado, conservado e exposto ao público”. Os nacionalistas propoñen a creación dun espazo que albergue a historia da vida de Lugo con fondos do arquivo e outros elementos que son patrimonio municipal.

“Trataríase dunha actuación sen apenas custo para o concello por que moitos dos elementos xa están desperdigados polas dieferentes dependecias do concello” dixo Arroxo e sinalou “seguramente que moitos persoas que formaron parte da plantilla municipal estarán encantadas de facer aportacións para contribuir a enrriquecer a colección”. Arroxo visitou o parque de bombeiros, onde se atopan varios vehículos antigos, e amosou, como exemplo, unha matrícula para bicicleta das que emitiu o concello nos anos oitenta.

Para a proposta do BNG-AA sería preciso habilitar algún dos espazos que hoxe en día non se está a utilizar ou algunha das instalacións museísiticas que apenas teñen visitantes. “Debería ser un espazo que contase cunha zona exterior para certos elementos como mobiliario urbán, estatuas e esculturas, ou artefactos de gran tamaño que poderían formar parte da exposición”. A conservación do patrimonio municipal debería ir acompañada da creación  dun

Arroxo sinalou que existen infinidade de elementos como coches de bombeiros, vehículos do parque móbil, motos da policía, imaxes, máquinas de escribir, uniformes da banda de música e policía local e bombeiros, mobiliario urbán, instrumentos da banda de música, etc.... que serían susceptibles de formar parte desta colección. Arroxo apostou por crear un protocolo de catalogación do patrimonio municipal para a súa conservación.

Con esta iniciativa o BNG-AA pretende “que a corporación tome conciencia do enorme patrimonio que posúe o concello e que forma parte da historia recente da cidade”, neste momento a conservación de moitas pezas depende da boa vontade de traballadoras e traballadores que se preocupan de conservalas e mantelas, pero non existe ningún protocolo para este fin.