O BNG-AA pedirá que se abra a oficina do DNI polas tardes e que se faciliten os impresos en galego

O BNG-AA pedirá que se abra a oficina do DNI polas tardes e que se faciliten os impresos en galego

IMG_20160502_151348O voceiro do BNG – Asembleas Abertas trasladará unha petición formal ao subdelegado do goberno para que as persoas de Lugo poidan ser atendidas polas tardes

Arroxo lembrou que “Lugo é a única capital galega na que este servizo está pechado polas tardes” e sinalou que “se está incumprir a lei de normalización lingüística”

Lugo, 2 de maio 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas anunciou que presentará unha petición formal ante a subdelegació do goberno de Lugo para que a oficina da policía, na que se fan as tramitacións dos DNI e Pasaporte, teñan horario de atención ao público polas tardes. Rubén Arroxo indicou que “son moitas as persoas que teñen dificultades para solicitar ou renovar estes documentos en horario de mañᔠe sinalou que “Lugo é a única capital galega na que estas oficinas permanecen pechadas polas tardes”.

No estado español unicamente Lugo, Teruel, Huesca e Ceuta teñen pechado este servizo en horario de tarde e hai localidades como Vilagarcía de Arousa nas que as comisarias tamén atenden ao público pola tarde. En Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra e Vigo é posible facer os trámites para a solicitude ou renovación do documento de identidade e do pasaporte en horario de tarde, mais en Lugo non, e tampouco nas outras comisarias de provincia en Viveiro e Monforte.

A oficina de expedición de documentos de identidade tramita máis de cen documentos diarios e isto supón unha importante carga de traballa que xustificaría, tamén, a apertura da oficina polas tardes. Rubén Arroxo explicou que “son os responsables de cada subdelegación e das comisarias son os que determinan os horarios de apertura, xa que o Ministerio ditou unha orde na que deixa nas súas mans a regulación dos horarios que excedan un horario de apertura obrigatorio entre as 9 e as 14:30 que rexe para todas as oficinas de expedición do estado”.

O horario de apertura da oficina de Lugo tamén fai imposible cambiar o pin do DNI electrónico ou dos certificados electrónicos por que as únicas máquinas que funcionan están dentro da ofician de Ramón Ferreiro que pecha polas tardes e as instaladas na comisaria da rúa Chantada non funcionan.

Incumprimento da Lei de Normalización Lingüística

Rubén Arroxo denunciou, tamén, que na oficina de expedición de documentos de indentidade dependente da comisaría de Lugo estase a incumprir “de xeito reiterado” a Lei de Normalización Lingüítica que ampara ás persoas administradas no seu dereito a recibir a documentación nas linguas oficiais da súa comunidade autónoma. No caso de Lugo so é posible atopar formularios en idioma español para realizar os trámites correspondentes.

O BNG-AA pedirá que se abra a oficina do DNI polas tardes e que se faciliten os impresos en galego