O BNG-AA pedirá o arranxo e adecentamento da rúa Pousadela

O BNG-AA pedirá o arranxo e adecentamento da rúa Pousadela

IMG_8510Rubén Arroxo lembrou que “é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade”

“Veciñas e veciños do Carme e da Cheda non poden agardar pola chegada de fondos europeos, cando aínda non se sabe nada do DUSI” sinalou Arroxo

Lugo, 5 de agosto 2016. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo anunciou hoxe que requerirá, do goberno municipal, o arranxo a e adecetamento da rúa Pousadela. “Esta rúa é o acceso máis directo entre o barrio da Cheda e o centro da cidade” lembrou Arroxo que visitou a rúa e comprobou o mal estado do firme e a existencia de vexetación invasora do espazo da rúa. Moitas persoas utilizan esta rúa para achegarse ao centro da cidade dende a Cheda, tanto en coche como camiñando.

Rubén Arroxo lembrou que “estes días escoitamos falar das melloras que se van producir nesta zona da cidade se o concello obtén fondos europeos, mais veciñas e veciños do Carme e da Cheda non poden agardar pola chegada de fondos europeos, cando aínda non se sabe nada do DUSI”. Arroxo lembrou que “a atención aos barrios é un prioridade para o BNG-AA e neste caso a intervención necesaria ten moi baixo custo”.

A rúa Pousadela, segundo o voceiro do BNG-AA, “precisa unicamente dun arranxo das fochancas que a fan practicamente intransitable e dunha limpeza da maleza que invade a vía”. Tendo en conta que a rúa Pousadela ten unha lonxitude duns 200 metros, “trátase dunha obra de baixo custo que redundará, sen dúbida, na calidade de vida das perosas que utilizan a diario” afirmou Arroxo.

O BNG-AA pedirá o arranxo e adecentamento da rúa Pousadela