O BNG-AA PEDIRÁ EXPLICACIÓNS SOBRE O ESTADO NO QUE SE ATOPABAN OS ACCESOS ÁS ZONAS ESCOLARES

O BNG-AA PEDIRÁ EXPLICACIÓNS SOBRE O ESTADO NO QUE SE ATOPABAN OS ACCESOS ÁS ZONAS ESCOLARES

DSC_0570 Tras a celebración dunha verbena nenos e nenas que acudian aos colexos da zona tiveron que sortear cristais, lixo de todo tipo e pasar por entre camións en operacións de desmontaxe

Dende o BNG-AA asegurase que o concello ten que estar ao tanto por que nesta zona atopabase unha patrulla da policia local

Lugo, 5 de xuño 2015. O BNG – Asambleas Abertas pedirá explicacións polo estado no que se atopaban esta mañá a Av Breogán tras a celebración da primeira verbena das festas de San Antonio. Foron varios os pais e nais que trasladaron queixas polo estado no que se atopaban as zonas próximas aos centros escolares asegurando que “nenos e nenas tiveron que sortear cristais, lixo de todo tipo e pasar por entre camións en operacións de desmontaxe”.

Para o BNG-AA non é normal que ás 9:00 da mañá a avenida Breogán permanecerá aínda cortada ao tráfico polos camións dunha das orquestras e que a acumulación de lixo fora tal que case non permitira o paso das persoas sen risco de cortarse cun algún dos cristais que estaban polo chan. O BNG-AA solicitará información sobre os permisos que o concello facilitou aos organizadores e se estos cumpriron coas condicións marcadas dende o concello.

DSC_0568Dende o BNG-AA asegurase que o concello ten que estar ao tanto por que nesta zona atopábase unha patrulla da policia local e pediranse explicacións sobre os horarios que tiñan que cumprir as orquestras. Ademais do estado de intransitabilidade da av. Breogán tamén houbo queixas veciñais polos ruidos e molestias producidas nunha noite previa a unha xornada laboral.

O BNG-AA PEDIRÁ EXPLICACIÓNS SOBRE O ESTADO NO QUE SE ATOPABAN OS ACCESOS ÁS ZONAS ESCOLARES