O BNG PEDIRÁ TAMÉN Á ELABORACIÓN DUNHA LEI GALEGA DE MEMORIA HISTÓRICA NA QUE SE PROHIBAN ACTOS DE EXALTACIÓN DO FRANQUISMO E AS ENTIDADES QUE OS PROMOVAN

O BNG-AA pedirá que o pleno declare á familia do ditador e á Fundación Franco “non gratas” no Concello de Lugo

IMG_2342
Imaxe de arquivo de ediles do BNG nun acto simbólico de elminación dos nomes franquistas das rúas de Lugo.

Estas iniciativas forman parte da campaña que se está a levar a cabo para que retorne ao dominio público os bens roubados ao pobo galego polo ditador

O BNG-AA pedirá que o pleno declare á familia do ditador e á Fundación Franco “non gratas” no Concello de Lugo

Lugo, 8 de setembro 2017. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, informou que no vindeiro pedirá “declarar a familia do Ditador e a Fundación Franco non gratas no Concello de Lugo”. Ademais os nacionalistas solicitarán, tamén a través dunha emenda de engádega á iniciativa presentada por Lugonovo, que se faga “unha condena pública das declaracións da Fundación Franco nas que expresaba a súa intención de usar as visitas guiadas ao Pazo de Meirás para facer apoloxía da Ditadura e do Ditador.” Arroxo explicou que “tamén incluiremos unha proposta  para  instar á Xunta de Galiza á elaboración dunha Lei galega de memoria histórica na que se prohiban, persigan e sancionen os actos de exaltación do franquismo e as entidades que os promovan”.

O voceiro do BNG – AA afirmou que “todo o que está a suceder cos herdeiros do ditador, esta situación escandalosa e indignante é posíbel pola complicidade e a permisividade das institucións do Estado e da Xunta de Galiza, gobernadas polo PP, que consinten, amparan e protexen a Illa de impunidade e o parque temático franquista en que se convertiu o Pazo de Meirás e outras propiedades da familia Franco e da Fundación Francisco Franco”.

Arroxo lembrou que o “grazas ao BNG conseguiuse que desapareceran do rueiro lucense nomes de rúas que facían apoloxía do réxime ditatorial franquista e tamén foi grazas ao BNG que se retiraron os títulos honoríficos que o ditador conservaba nas institución locais e provinciais lucenses” e engadiu “seguiremos traballando para resarcir ás vítimas da represión e para que se devolva ao patrimonio público os bens que foron roubados polo ditador”.

Rubén Arroxo referiuse ao sucedido nos últimos días en relación ao Pazo de Meirás e dixo que “resulta insultante e vergonzoso que un espazo que é produto dun espolio sexa aínda propiedade da familia Franco, e resulta aínda máis indignante que a Fundación que leva o seu nome o utilice para contar unha versión absolutamente manipulada da historia e para facer apoloxía da Ditadura e do ditador”.

O BNG-AA pedirá que o pleno declare á familia do ditador e á Fundación Franco “non gratas” no Concello de Lugo