A PESARES DAS LIMITACIÓNS DE VELOCIDADE E DOS PASOS DE PEÓNS É NECESARIO UN MAIOR CONTROL EN ZONAS NAS QUE AS PERSOAS SE VEN EN PERIGO POLA ELEVADA VELOCIDADE DALGÚNS VEHÍCULOS

O BNG-AA pedirá que se revise a necesidade de novas bandas rugosas en diferentes vías

Arroxo dixo “hai zonas con moito transito de persoas como en Orbazai ou na Estrada Vella de Santiago, xunto ás instalacións deportivas, que precisan calmado de tráfico”

O BNG-AA pedirá que se revise a necesidade de novas bandas rugosas en diferentes vías

Lugo, 12 de abril 2017. Rubén Arroxo recibiu a preocupación de diferentes persoas pola falta de seguridade en diversas zonas do concello debido á excesiva velocidade de vehículos a motor. Arroxo puxo como exemplo o caso da estrada de Orbazai que é moi transitada por persoas que fan deporte ou saen a camiñar ademais do perigo que supón para as veciñas e veciños da zona cruzar a estrada. Arroxo dixo “hai zonas con moito transito de persoas como en Orbazai ou na Estrada Vella de Santiago, xunto ás instalacións deportivas, que precisan calmado de tráfico”.

A pesares das limitacións de velocidade e dos pasos de peóns é necesario un maior control en zonas nas que as persoas se ven en perigo pola elevada velocidade dalgúns vehículos. Outro dos puntos nos que se demanda este tipo de medidas é a Estrada Vella de Santiago, xunto das instalacións deportivas que hai na zona das Regas “recibimos queixas de persoas que se viron en perigo ao tentar incorporarse á estrada co seu vehículo pola falta de visibilidade e pola elevada velocidade dos coches que circulaban” informou Arroxo.