RUBÉN ARROXO PEDIU A UNANIMIDADE DOS GRUPOS POLÍTICOS Á HORA DE DEFENDER A ESCOLA DE MÚSICA COMO UN SERVIZO PÚBLICO PARA OS LUCENSES

O BNG-AA pide a convocatoria urxente da xunta de portavoces para facer fronte común e protexer a Escola Municipal de Música

IMG_8989
Imaxe de ediles do BNG coa Banda Municipal de Música

Arroxo advertiu que a Banda tamén podería estar en risco por que o goberno non está a facer para substituír ao director que se xubila en novembro

O BNG-AA pide a convocatoria urxente da xunta de portavoces para facer fronte común e protexer a Escola Municipal de Música

Lugo, 28 de outubro 2016. Tras coñecer a sentencia ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, en base ao recurso de apelación presentado polo sindicato CSIF, o voceiro do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo reclamou a convocatoria urxente da Xunta de Portavoces. Arroxo destacou a necesidade de asegurar o caracter pública e a continuidade da Escola Municipal de Música e lembrou que “se trata do último servizo público creado polo concello de Lugo e a día de hoxe atende a máis de 700 persoas”.


Se a sentencia do TSXG chega a executarse a Escola Municipal de Música podería desaparecer aínda que Arroxo asegurou que “existe marxe para reconducir a situación se o goberno municipal se pon a traballar no tema”. Arroxo informou que a sentenza afecta aos traballadores que neste momento prestan servizo, ao mesmo tempo, na Banda Municipal de Música e na Escola Municipal de Música e a súa aplicación “podería supoñer a desaparición da Escola Municipal de Música e un enorme retroceso nas condicións laborais e salariais duns profesionais que, coa creación da Escola Municipal de Música, conseguiran estabilizar e normalizar a súa vida laboral”.


Rubén Arroxo adiantou que “buscaremos a unidade de todos os grupos políticos para manter e potenciar tanto a escola como a Banda” e engadiu “non temos dúbida de que esta unidade exista por que sempre foi así dende que o BNG iniciou a creación da Escola no ano 2011”. Arroxo dixo que “en contra do que ven sucedendo neste concello, co desmantelamento progresivo de servizos, a Escola Municipal de Música foi o último servizo público que se creou, e grazas as persoas que nela traballan, demostrouse a súa utilidade e a necesidade que Lugo tiña desta escola”. Arroxo advertiu “non imos permitir que se privatice nin que se desmantele”.


Xubilación do director da Banda
Outra das ameazas que ronda sobre a Banda Municipal de Música é a inacción do goberno municipal para acometer a substitución do actual director da Banda de Música, Rosendo Iborra, que chega á súa idade de xubilación no vindeiro mes de novembro. Arroxo anunciou que “todo o mundo sabe que unha banda sen director non funciona e se non se afronta a súa substitución a existencia da banda corres perigo”.
 

O BNG-AA pide a convocatoria urxente da xunta de portavoces para facer fronte común e protexer a Escola Municipal de Música