VECIÑOS DA ZONA AV. DA CORUÑA TRASLADARON AS SÚAS QUEIXAS POR CHEIROS DOS COLECTORES SITUADOS DIANTE DA SÚAS VIVENDAS

O BNG-AA pide máis limpeza e vixianza dos restos que se depositan nos colectores de lixo

IMG_9672

“Existe unha regulamentación que define os horarios e as empresas e comercios tamén teñen as súas normas para depositar o lixo” lembrou Arroxo

O BNG-AA pide máis limpeza e vixianza dos restos que se depositan nos colectores de lixo

Lugo, 26 de maio 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, trasladou unha petición ao goberno municipal para que se tomen as medidas de limpeza e vixianza necesarias para que os colectores do lixo non se convertan en foco de cheiros e suciedade. “Este é un problema que se agrava coas altas temperaturas se non se cumpre coas normas e horarios de uso establecidos” afirmou Rubén Arroxo. O problema agrávase naqueles casos nos que se depositan restos orgánicos e “incluso de peixe” durante o día nos colectores e esto provoca malos olores e incrementa a presenza de insectos.

Nalgúns casos as queixa veciñais véñense producindo dende fai anos sin que o goberno municipal tome cartas no asunto. Arroxo pediu que se faga un control “sobre todo no caso de establecementos” xa que a cantidade e tipo de residuos que depositan provocan un maior problema e moitos casos. “Nalgunhas comunidades de veciños teñen colectores de lixo situados diante das súas vivendas, e os cheiros chegan directamente ás ventás das súas cociñas” sinalou Arroxo.

Unha comunidade veciñal da zona av. da Coruña trasladou as súas queixas por cheiros dos colectores situados diante da súas vivendas “e ante a inacción do goberno municipal trasladáronlle ao BNG as súas queixas” puntualizou Rubén Arroxo. “Existe unha regulamentación que define os horarios e as empresas e comercios tamén teñen as súas normas para depositar o lixo” lembrou Arroxo. Ademais, Arroxo reclamou que “naqueles casos nos que sexa necesario” se incremente a frecuencia de lavado dos colectores para evitar as molestias as comunidades de veciñais.
 

O BNG-AA pide máis limpeza e vixianza dos restos que se depositan nos colectores de lixo