EN OUTUBRO DE 2017 A ALCALDESA ANUNCIOU, NUNHA VISITA MEDIATICA, O INMEDIATO DERRIBO DESTE TAPÓN URBANÍSTICO QUE AÍNDA NON SE PRODUCIU

O BNG-AA pide máxima axilidade para o derribo do muro da Av. da Coruña

MuroAvCorunha2

 

“O BNG-AA seguirá traballando para que este histórica demanda veciñal se execute” anunciou o voceiro Rubén Arroxo

O BNG-AA pide máxima axilidade para o derribo do muro da Av. da Coruña

Lugo, 11 de abril 2018. O BNG urxe a execuciòn do derribo da Av. da Coruña. Rubén Arroxo sinalou que “o 25 de outubro de 2017 anunciou, nunha visita mediatica, o inmediato derribo deste tapón urbanístico”. Arroxo lembrou que “foron numerosas as mobilizacións veciñais aos que o BNG sempre amosou o seu apoio e agora seguiremos traballando para que esta histórica demanda veciñal se execute e non quede unicamente nun anuncio dos que fai o PSOE”.

Ediles do BNG achegáronse ata o lugar no que se atopa o tapón urbanística e reuníronse con veciñanza da zona que manifestaron a seu desencanto coas promesas feitas pola alcaldesa por que “non se ve que se faga nada e o muro segue ahí coma sempre”. Rubén Arroxo sinalou que “entendemos que houbo que facer diferentes trámites, mais o compromiso da alcaldesa foi de que o muro se eliminaría a finais do ano 2017, estamos no mes de abril e aínda non se executou o derribo”.

O muro da av. da Coruña leva anos causando molestias a todas as persoas que transitan pola estreita beirarrúa que queda constreñida pola existencia deste tapón. Para o BNG “é unha mostra máis da incapacidade dos gobernos do PSOE para atender as necesidades reais das veciñas e veciños”.

O BNG-AA pide máxima axilidade para o derribo do muro da Av. da Coruña