“DESPOIS DE MÁIS 10 DÍAS NON SE FIXO NADA PARA SACAR O PANTALÁN DE ENRIBA DO CANEIRO E REPOÑELO Á SÚA UBICACIÓN” DIXO RUBÉN ARROXO

O BNG-AA pide o reposición do pantalán das Saamasas e preguntará pola seguridade de outros elementos

Para o BNG “existe unha falta de preocupación polo entorno do río e polas infraestruturas que deberían ter unha especial atención nas épocas de temporal”

O BNG-AA pide o reposición do pantalán das Saamasas e preguntará pola seguridade de outros elementos

Lugo, 16 de xaneiro 2018. A voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, pediu que se tomén as medidas precisas para repoñer ao seu lugar o Pantalán do catamarán das Saamasas que despois de máis 10 días continúa enriba do caneiro das Illas. “Existe o perigo de que continúe río abaixo enteiro ou en trozos, de que se dane o propio pantalán ou o caneiro”  advertiu Rubén Arroxo. “Non sabemos se existen, neste momento, protocolos de mantemento e vixilancia ou persoas responsables de vixiar os elementos que están no cauce fluvial” dixo o voceiro do BNG.

Para o BNG “existe unha falta de preocupación polo entorno do río e polas infraestruturas que deberían ter unha especial atención nas épocas de temporal”. Rubén Arroxo sinalou que “unha estrutura deste tamaño debería contar co debido mantemento e vixilancia para evitar que pasen cousas como estas”. Arroxo avanzou que “o BNG vai preguntar polas causas que provocaron que o patalán se soltara das súas anclaxes e tamén por outros elementos similares que existen no río como o propio catamarán ou outros pantaláns”.