“FAI UN ANO O GOBERNO ESCUDOUSE NA PETICIÓN DE INFORMES PARA AXILIZAR O TRÁFICO EN FONTIÑAS E PARA A ELIMINACIÓN DE SEMÁFOROS NA RONDA DA MURALLA” DIXO ARROXO

O BNG-AA pregunta polos informes para mellorar a circulación na Ronda e en Fontiñas

IMG_4662
Foto de arquivo

O BNG-AA propón a eliminación de 10 semáforos e a creación de 2 rotondas para dar fluidez ao tráfico na Ronda

O BNG-AA pregunta polos informes para mellorar a circulación na Ronda e en Fontiñas

Lugo, 3 de xaneiro de 2018. O voceiro do BNG - AA, Rubén Arroxo, rexistrou unha pregunta para a súa resposta na vindeira comisión de Infraestruturas en relación aos anunciados informes sobre o tráfico en Fontiñas e sobre o proxecto de retirada de semáforos na ronda da Muralla. O BNG-AA leva tempo facendo propostas para mellorar a circulación tanto na ronda da Muralla como en Fontiñas. En ámbolos dous casos, dixo Arroxo, “fai case un ano o goberno escudouse na petición de informes para axilizar o tráfico en Fontiñas e para a eliminación de semáforos na Ronda da Muralla, pero a día de hoxe non sabemos nada sobre eses dou informes”.

En febreiro de 2017 o goberno municipal, ante as propostas do BNG, anunciou a elaboración dun informe para acometer a posible ampliación a dous carriles en Fontiñas para dar axilidade á circulación de vehículos nunha das vías máis saturadas da cidade. Coa eliminación dunha das liñas de aparcamento poderíase abrir un segundo carril de circulació.Esto permitiría absorver o tráfico do doble de vehículos e eliminaría o problema da acumulación de tempos de espera cando un coche está estacionando ou incorporándose que é o que provoca as constantes retencións nesta vía.

Segundo lembrou o voceiro do BNG-AA “o mesmos sucedeu en relación a eliminación de semáforos nos cruces da Ronda da Muralla que propuxemos para dar máis fluidez ao mesmo tempo que se reducía a velocidade” e explicou “na ronda unicamente se reduciu a velocidade pero non se tomaron máis medidas para permitir unha maior fluidez do tráfico e ese foi outro dos grandes erros deste goberno na xestión do tráfico na cidade”. En abril de 2017 o goberno municipal anunciou a elaboración dun estudio para a eliminación de semáforos na ronda e agora o BNG –AA preguntará polo estado deste estudo.

Arroxo sinalou que “os datos barallados polo concello de Pontevedra a redución da velocidade pode supoñer unha maior fluidez aplicando as medidas necesarias, así cun límite de velocidade a 30 km/h e coa eliminación de semáforos a velocidade media dun vehículo para cruzar a cidade pasa a ser duns 24 km/h, mentres que coa limitación a 50 km/h a velocidade media ronda os 18 km/h no caso de haber paradas nos semáforos”. Ao beneficio da fluidez circulatoria hai que engadir os beneficios dunha menor contaminación atmosférica e acústica, un menor risco de accidentes e atropelos e un calmado do tráfico que beneficio de xeito xeral á cidade.

10 semáforos menos e 2 rotondas para dar maior fluidez na ronda

A proposta do BNG – AA, pendente dos correspondentes estudos técnicos, estaría baseada en substituir 10 dos semáforos da ronda por pasos de peóns elevados para dar unha maior protección ás persoas e unha maior fluidez ao tráfico rodado. As dúas rotondas situaríanse na intersección da ronda coa rúa Castelao e rúa do Teatro e a outra no cruce da ronda coa Av da Coruña. Arroxo explicou que “pensando pensando na futura peonalización total da ronda, estas rotondas delimitaríanse con bolardos para non facer unha grande obra mentres non se peonalice totalmente a ronda”. Ademais substituiríanse por pasos elevados os semáforos para peóns situados nas inmediacións de Montero Ríos, a porta de San Fernando, a porta Miñá e a entrada da rúa Vilalba. Tamén se eliminarían os semáforos dos enlaces da ronda con: Nicomedes Pastor Díaz, Lois Cordeiro, rúa Monforte, e o Camiño  Real.

O BNG-AA pregunta polos informes para mellorar a circulación na Ronda e en Fontiñas