A PARLAMENTARIA OLALLA RODIL ACHEGOUSE A CALDE ACOMPAÑADA DOS EDILES DO BNG NO CONCELLO DE LUGO E COMPROBARON O ESTADO ACTUAL DO RECINTO HOSPITALARIO

O BNG-AA preguntará no Parlamento pola corta de árbores no entorno do Hospital de Calde

“Era un entorno amable que utilizaban usuarios e visitantes e, sen expicación aparante, quedou totalmente arrasado” afirmou Olalla Rodil

O BNG-AA preguntará no Parlamento pola corta de árbores no entorno do Hospital de Calde

Lugo, 24 de xuño 2017. A parlamentaria do BNG por Lugo, Olalla Rodil, achegouse a Calde acompañada dos ediles do BNG no concello de Lugo e comprobaron o estado actual do recinto hospitalario despois de que recentemente se executara a tala de todas as árbores que rodeaban ao hospital. Para o BNG “tratase dunha acción desmesurada que cambia totalmente a paisaxe da zona, muda a filosofía que tiña a arboreda e os xardíns. e a súa función humanizadora arredor do edificio”. “Era un entorno amable que utilizaban usuarios e visitantes e, sen expicación aparante, quedou totalmente arrasado” afirmou Olalla Rodil.

A parlamentaria do BNG trasladará ao Parlamento Galego unha serie de preguntas para tratar de aclarar cales foron os motivos que levaron á corta das árbores. “Non foi unha corte selectiva que indique que podía haber risco de caida de árbores enfermas, e supoñemos que para a Xunta non serí o afán recaudatorio o que motivou a venda destas árbores” afirmou Rodil. As árbores taladas eran de un porte considerable, moitas delas superaban o medio século de vida e formaban parte da paisaxe e do entorno deste recinto hospitalario.

Ademais das causas polas que se procedeu á tala, a Parlamenaria do BNG, tamén solicitará información sobre o procedemento que se utilizou para a venta da madeira e cales foron os ingresos que se obtiveron pola mesma. “É evidente a sorpresa e descontento que se palpa entre moitas persoas veciñas da zona, usarias do hospital e moitas lucenses que se puxeron e contacto co BNG indignadas por esta actuación” afirmou Rodil.