DESPOIS DE QUE O VOCEIRO DO GOBERNO MUNICIPAL FIXO PÚBLICA A INTENCIÓN DE CONTRATAR PERSOAL PARA O CONCELLO O BNG LEMBRA O DESMANTELAMENTO SUFRIDO NA ÁREA DE CULTURA

O BNG-AA preguntará polas razóns de que a Banda de Música continúe sen dirección despois de dous anos

rIMG_8989
rIMG_8989

“A Banda Municipal de Música está sen dirección, cada pouco tempo o goberno municipal dice que avanza, pero a realidade é que non hai dirección” explicou Maite Ferreiro

O BNG-AA preguntará polas razóns de que a Banda de Música continúe sen dirección despois de dous anos

Lugo, 7 de xuño de 2018. A edil do BNG-AA, Maite Ferreiro, lamentou que a Banda de Música continue sen dirección cando van cumprirse dous anos da xubilación do anterior director. Despois de que o voceiro do goberno municipal fixera pública a intención de contratar persoal para o concello o BNG lembra o desmantelamento sufrido na Área de Cultura “preguntamos en varias ocasións e vanse dando respostas vagas e argumentando tramitacións burocráticas varias, pero a realidade é que a Banda Municipal de Música está sen dirección” explicou Maite Ferreiro que engadiu “na vindeira comisión de cultura volveremos a preguntar por que o BNG non vai deixar de traballar por mellorar a política cultura do concello”.

Maite Ferreiro dixo que “xa pasou moito tempo e a data de xubilación do Director da Banda era coñecida dende fai anos” e engadiu “está claro que para este goberno o as cuestións relacionadas coa cultura e, concretamente, a Banda de Música non son asunto prioritario”. A edil do BNG-AA pediu que “se axilicen os trámites para que a Banda de Música conte, no espazo de tempo máis curto posible, cunha persoa ocupando a praza de dirección”. “Agardamos que os responsables do goberno municipal manteñan o interese pola Banda que este colectivo, revitalizado tras a creación da Escola Municipal de Música, se merece” afirmou Ferreiro.

A edil do BNG lembrou que “na comisión de cultura do mes de febreiro a responsable de cultura informou que comenzará os trámites para cubrir a praza de dirección da banda en xuño de 2016, pero a día de hoxe esta praza segue sen cubrirse, despois fixeronse modificacións que permitisen o acceso de profesionais á praza, pero segue a Banda sen dirección” e para o BNG-AA “esto indica a falta de capacidade de xestión do goberno socialista que en case dous anos son incapaces de cubrir unha praza tan significativa como esta”. A edil nacionalista dixo “queremos saber se esta situación se vai solventar ou se o goberno do PSOE vai continuar mirando para outro lado”.

Servizo de cultura desmantelado

O goberno municipal manten desmantelado o servizo de cultura que perdeu a xefatura de servizo, a dirección da banda e houbo outra xubilación neste servizo e tampouco ten visos de que este posto de traballo sexa cuberto. Para o BNG-AA “a desfeita do servizo de cultura é evidente” e Maite Ferreiro destacou que “Basadre sempre se queixa da falta de persoal” polo tanto “ou é ninguneada polo resto do grupo socialista de goberno ou ten un importante problema de xestión”.