“A ALCALDESA ANUNCIA O ASCENSOR DE FONTIÑAS E AGARDAMOS QUE NON LEVE O MESMO CAMIÑO QUE O DO SAGRADO CORAZÓN DO QUE NADA SE SABE” DIXO MAITE FERREIRO

O BNG-AA preguntará polo ascensor do Sagrado Corazón despois do “movemento de atril” de onte en Fontiñas

Na actual escalinata do Sgdo. Corazón
Na actual escalinata do Sgdo. Corazón

Ferreiro lamentou “que os anuncios se queden, unicamente, en anuncios” e lembrou outras actuacións pendentes como os aparcadoiros ou a rotonda don San Eufrasio

O BNG-AA preguntará polo ascensor do Sagrado Corazón despois do “movemento de atril” de onte en Fontiñas
Lugo, 9 de maio 2018. O BNG-AA  preguntará polo estado no que se atopa a tramitación para a instalación do ascensor do Sagrado Corazón. Maite Ferreiro referiuse ao “movemento de atril” feito onte pola alcaldesa en Fontiñas para anunciar o proxecto do ascensor e dixo “agardamos que non leve o mesmo camiño que o do Sagrado Corazón”. Ferreiro lamentou “que os anuncios se queden, unicamente, en anuncios” e lembrou outras actuacións pendentes como os aparcadoiros disuasorios en Fontiñas ou a rotonda don San Eufrasio.

A edil do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Maite Ferreiro, dirixiuse ao goberno municipal para reclamar “avances” a respecto do ascensor do Sagrado Corazón. Maite Ferreiro sinalou que “é un asunto que se empezou a tramitar no ano 2012 e 6 anos despois segue sen executarse”. Maite Ferreiro lembrou as numerosas veces que se prometeu e anunciou esta obra por parte dos gobernos socialistas no concello de Lugo e sinalou que “veciños e veciñas seguen subindo polas escaleiras por que unha cousa son so anuncios virtuais e outra facer as obras”.

Para o grupo do BNG-AA non é comprensible que “sigamos xogando á política de prometer e non cumprir cunha obra que é necesaria e conta co partida orzamentaria”. Ferreiro lembrou que para a execución desta obra había un orzamento inicial de 222.000 euros e fora adxudicada en 189.769, ademais o proxecto fora redactado pola empresa municipal EVISLUSA e xa se presentou, no ano 2013, o proxecto definindo as características do ascensor que será acristalado e terá capacidade para transportar ata 12 persoas.