A DÍA DE HOXE ESE ENLACE AÍNDA NON EXISTE, E A MAIORES DISTO AS CHOIVAS DESTE INVERNO PROVOCARON UNS DERRUBES DE TERRAS QUE CHEGAN A CORTAR AS ESCALEIRAS EXISTENTES

O BNG-AA preguntará polos 100.000 € orzamentados en 2017 para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río

A baixada foi pechada polo goberno socialista en outubro de 2015 e dende aquel momento non se buscou ningunha alternativa e agora esta pechada por un derrubo de terras

O BNG-AA preguntará polos 100.000 € orzamentados en 2017 para o enlace do parque Marcos Cela coa zona do río

Lugo, 7 de abril de 2018. O BNG-AA preguntará polas intencións do goberno municipal a respecto do enlace entre o parque Marcos Cela e as inmediacións do río Miño. Rubén Arroxo lembrou que No mes de xullo do ano 2017 aprobábase unha modificación de crédito na cal se incluían 100.000€ para o acondicionamento dun enlace peonil seguro entre o parque Marcos Cela e a Volta da Viña. “Neste momento nada se fixo para efectivizar esta actuación e a situación agravouse por que as choivas deste inverno provocaron uns derrubes de terras que chegan a cortar as escaleiras existentes” sinalou Arroxo.

O BNG-AA preguntará en que situación se atopa o proceso para acondicionar dito enlace peonil e que prazos manexa o goberno local. Ademais os nacionalistas queren saber se vai ter consecuencias en canto aos prazos o derrube de terras da Volta da Viña e en que situación se atopa actualmente a pasarela pechada do parque Marcos Cela na que existen unhas vallas de obra móbiles que permiten o paso aínda que están situadas nos accesos á pasarela.

Arroxo pediu unha solución para que as persoas que acceden á zona do río Miño dende o parque Marcos Cela o poidan facer dun xeito seguro e lembrou que “esta solución xa foi demandada polo BNG-AA cando o goberno socialista adoptou como única solución o peche da baixada cun balado metálico”. Rubén Arroxo sinalou que “houbo derribos similares a carón da N-VI e a terra foi retirada de inmediato, pero no caso do acceso ao parque Marcos Cela a terra e as pedras seguen amoreadas sobre a escalinata e o concello non fixo nada por retiralas”. A baixada dende foi pechada polo goberno socialista en outubro de 2015 e dende aquel momento non se buscou ningunha alternativa a pesares de anunciar a consignación de 100.000 euros para este fin.                                                       

Rubén Arroxo sinalou que “xa son moitas as persoas que utilizan este percorrido para achegarse ao entorno do Miño e co bo tempo cada vez serán de cara ao verán e o paso segue oficialmente pechado”. “A pesares de que se deron explicacións e propostas naquel ano 2015 a realidade é que non se fixo nada dende aquela” afirmou o voceiro nacionalista e avanzou que “seguramente nos dirán que se lle dará solución cos fondos do plan EDUSI pero non podemos pasar máis tempo poñendo en perigo ás persoas que por alí transitan” e engadiu “existen solución factibles, fáciles de acometer e que non precisan dunha gran inversión que darían seguridade a peóns e automobilistas neste punto”.