O VOCEIRO DO BNG-AA LEMBROU QUE O BNG LEVA ANOS FACENDO PROPOSTAS CONCRETAS E O GOBERNO MESMO PRESENTOU UNS APARCADORIOS DISUASORIOS QUE NUNCA EXECUTOU

O BNG-AA preguntará polos 350.000 € orzamentados en 2017 para a creación de Aparcadoiros Disuasorios

“A pesar de ser unha das necesidades máis urxentes desta cidade, e unha demanda social, non se fixo nada neste eido e perdaranse os cartos” dixo Rubén Arroxo

O BNG-AA preguntará polos 350.000 € orzamentados en 2017 para a creación de Aparcadoiros Disuasorios

Lugo, 10 de abril de 2018. O BNG-AA preguntará polas intencións do goberno municipal a respecto a creación de novos aparcadoiros disuasorios que foron anunciados e incluidos nos orzamentos municipais con 350.000 € de dotación. No pasado verán aprobouse unha modificación de crédito na que figuraban unha serie de investimentos entre os que estaba recollida unha partida de 350.000 € para os aparcadoiros disuasorios. Rubén Arroxo lembrou que “o goberno municipal insiste en incumprir as súas promesas” e lembrou como “en marzo de 2017, fai case un ano, a alcaldesa sacaba o seu atril para prometer 7 aparcadoiros con 600 prazas en 12.000 metros cadrados anunciando que estarían operativos no verán”.

Naquel momento anunciouse a creación dos aparcadoiros disuasorios en parcelas de titularidade municipal en lugares da zona norte da cidade, nas inmediacións de Fontiñas, na zona da Piringalla e en San Roque. Arroxo sinalou as carencias en materia de mobilidade e pediulle ao goberno “que remate coa parálise na que ten sumida á cidade”. “Nin aparcadoiros disuasorios, nin sistema rotatorio de aparcamento nas rúas que tiña a ORA, non se fixo absolutamente nada para dar solución aos problemas reais de Lugo” afirmou Arroxo”.

A ubicación dos aparcadoiros sería nos seguintes lugares: un na rúa Manuel Portela, na zona norte da cidade; na rúa Alcalde Xosé Novo Freire, nas inmediacións de Fontiñas, unha terceira parcela interior, entre a rúas río Sil e a Avenida Infanta Elena, a cuarta entre a rúa do Buxo e Manuel María, tamén no norte da cidade; outra tamén na rúa Manuel María, cara o barrio da Piringalla, na rúa Río Narla, á beira da Avenida da Coruña, e na rúa Jacinto Calvo. Para o BNG “esto demostra, unha vez máis, que a política do PSOE queda limitada a anuncios baleiros que despois non chegan a executarse”

Enlace nota goberno municipal de marzo-2017: http://lugo.gal/gl/novas/alcaldesa-proxecta-7-aparcadoiros-disuasorios-na-cidade-dunhas-600-prazas-e-abrir-cidadania-o