NESTE MOMENTO NON SE TOMOU NINGUNHA MEDIDA EFECTIVA COMO A PLANTEXADA POLO BNG DE CREAR UNHA ROTONDO NA CONFLUENCIA CON SAN EUFRASIO

O BNG-AA preguntará polos cambios de tráfico propostos para Fontiñas

Rubén Arroxo lembrou “o 17 de febreiro o goberno pediulle ao gabinete de tráfico un informe sobre a posibilidade de crear un novo carril xunto á mediana”

O BNG-AA preguntará polos cambios de tráfico propostos para Fontiñas

Lugo, 13 de xuño 2017. O BNG - AA preguntará polas xestión do goberno municipal en relación á toma de medidas para mellorar o tráfico na zona de Fontiñas. Rubén Arroxo que “tras recibir as propostas do BNG, o goberno municipal anunciou o pasado mes de febreiro que se ían iniciar os trámites para ver a posibilidade de aplicar medidas como a creación dun novo carril pegado á mediana” e engadiu “dende aquel anuncio nada se volveu saber do tema”. “Neste momento non se tomou ningunha medida efectiva como a plantexada polo BNG de crear unha rotonda na confluencia con San Eufrasio” concluíu o voceiro do BNG-AA no concello de Lugo.

Rubén Arroxo lembrou “o 17 de febreiro o goberno pediulle ao gabinete de tráfico un informe sobre a posibilidade de crear un novo carril xunto á mediana”. O BNG propuxo unha serie de medidas para mellorar a circulación na zona de Fontiñas. Rubén Arroxo dixo que “temos un plan para a zona e aínda que as medidas que presentamos agora non son a solución definitiva si que van a contribuír a mellorar a fluidez do tráfico”. Arroxo informou que “tivemos varias xuntanzas no barrio, falamos cono moita xente da zona e reunímonos con técnicos en urbanismo e as conclusións refléxanse na proposta que lle trasladaremos ao goberno municipal”.

Cambiar o sistema de xiro nos cambios de sentido para dar axilidade á circulación é unha das propostas do BNG-AA. Este sistema de xiro xa se aplica en moitas avenidas de diversas cidades e permite que os vehículos afronte o cambio de sentido da marcha sen agardar polos vehículos que fan o cambio de sentido contrario. Arroxo sinalou que este novo sistema de cambio de sentido da circulación podería aplicarse naqueles puntos nos que non existe intersección de víais e sería factible facelo en catro lugares. “Con esta medida, sinxela de aplicar, xa se lograría mellorar a fluidez do tráfico de xeito inmediato” asegurou Arroxo.

Rubén Arroxo explicou que o BNG-AA baralla un plan a longo prazo que sería a solución definitiva para Fontiñas e tamén unha serie de medidas que se poderían aplicar a curto prazo. Arroxo explicou que outra proposta sería unha rotonda fronte á praza do Camiño Primitivo, onde se xuntan os vehículos procedentes de Montero Ríos, da estación e da estrada de Fonsagrada. Este é un dos puntos conflitivos en Fontiñas xa que se produce un “efecto embudo” que provoca retencións de xeito habitual.

A implantación de aparcadoiros disuasorios na zona suporía, segundo Rubén Arroxo, a creación dunhas 250 prazas novas de aparcamento. A proposta do BNG-AA incluiría eliminar as prazas de aparcamento da marxe dereita de Fontiñas para conseguir dous carriles de circulación en ámbalas dúas direccións para determinados tramos de Fontiñas. Arroxo explicou que a creación de dous carriles en cada sentido de circulación suporía a eliminación dunhas 40 prazas de aparcamento, mentres que coa creación de tres aparcadoiros disuasorios na zona crearianse unhas 250 novas prazas de aparcamento.