MAITE FERREIRO LAMENTOU QUE NON SE CONVOCARA A COMISIÓN ORGANIZADORA DO ARDE LUCUS DENDE QUE O PROPUXO O BNG NO 2016

O BNG-AA propón liberar de tráfico o tramo da Mosqueira e Anxo López Pérez durante o Arde Lucus

“Fíxose e presentouse o programa do Arde Lucus sin convocar a comisión organizadora nin contar cos grupos da corporación” dixo Maite Ferreiro

O BNG-AA propón liberar de tráfico o tramo da Mosqueira e Anxo López Pérez durante o Arde Lucus

Lugo, 15 de xuño 2017. Maite Ferreiro, edil do BNG-AA, lanzou hoxe a proposta de cortar o tráfico de vehículos nos tramos da Mosqueira e a rúa Anxo López Pérez durante a fin de semana do Arde Lucus. Ferreiro sinalou que nas inmediacións da rúa Anxo López Pérez van estar instalados varios campamentos de colectivos de recreación histórica e “é unha rúa que tamén se corta durante o San Froilán”. Para o BNG-AA “o corte da rúa Anxo López Pérez e do tramo da Mosqueira suporá mellorar a seguridade dos miles de persoas que transitan por esta zona e poñer en valor esta zona da cidade”.

A edil do BNG-AA lembrou que xa existe unha moción aprobada en pleno para liberar de tráfico rodado o tramo da Mosqueira na ronda da Muralla. “Para o desfile do Arde Lucus xa se corta o tráfico na ronda da Muralla e entendemos que manter o tramo da Mosqueira e Anxo López Pérez se coches durante toda a festa do San Froilán e asumible e permitiría que os miles de persoas que visitan a cidade poidan disfrutar do lugar que é, e debe ser, a imaxe de Lugo e cara á promoción turística”.

Ademais desta proposta, BNG - AA presentou unha serie de preguntas para saber por que non se convocou a Comisión Organizadora do Arde Lucus neste último ano. Maite Ferreiro lembrou que esta comisión unicamente se reuniu unha vez, por proposta do BNG, en xullo de 2016. “A pesares de que naquela primeira xuntanza se acordara facer unha nova convocatoria para o mes de novembro, non se fixo a convocatoria nin se volveu reunir a comisión” afirmou Maite Ferreiro que lamentou “a falta de seriedade do goberno municipal e falta de intención de que o resto da corporación participe e coñeza os detalles da organización do Arde Lucus”.