UNHA RAMPA MECÁNICA FACILITARÍA O ACCESO DENDE FONTIÑAS E UN ELEVADOR PARALELO ÁS ESCALEIRAS DA RÚA PEÑA ANDAN PERMITIRÍAN CHEGAR DENDE A RÚA PRIMAVERA CON FACILIDADE

O BNG-AA propón unha rampa mecánica e un elevador para mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde de S. Roque

IMG_2225

Arroxo apostou por “avanzar na mellora da accesibilidade nesta zona da cidade e concretamente ao Centro de Saúde que ten unhas pendentes importantes”

O BNG-AA propón unha rampa mecánica e un elevador para mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde de S. Roque

Lugo, 28 de novembro de 2017. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo avanzar na mellora da accesibildade na zona de Fontiñas despois de que se anunciase a instalación dun ascensor para unir Fontiñas coa rúa Ramón Montenegro. Arroxo apostou por “avanzar na mellora da accesibilidade nesta zona da cidade e concretamente ao Centro de Saúde que ten unhas pendentes importantes” e engadiu “a accesibilidade a este Centro de Saúde foi un problema dende o momento da súa contrución e agora é o momento de resolvelo”.

O voceiro nacionalista explicou que existe posibilidade de instalar unha rampa mecánica como as que xa existen en moitos concellos de Euskadi para facilitar o acceso dende Fontiñas ás inmediacións do Centro de Saúde. A rampa podería ser instalada en paralelo á beirarrúa da rúa do primeiro tramo do Carril do Xuizo. Arroxo sinalou que habería que estudar tecnicamente cal é a mellor opción. Ademais o voceiro do BNG sinalou a posibilidade de completar a mellora da accesibilidade colocando un pequeno elevador a carón das escaleiras da rúa Peña Anda.

Rubén Arroxo lembrou, tamén, que o goberno municipal ten pendente dar solución ao ascensor do Sagrado Corazón. “Unha infraestrutura que fora presentado polo anterior alcalde no ano 2014 cunha posta en escena moi similar á utilizada onte pola alcaldesa en Fontiñas, pero que aínda está sen facer” apuntou Arroxo. Para o BNG-AA “ademais da inclusión das partidas orzamentarias necesarias e os anuncios mediaticos, o goberno ten que ter a firme convicción de querer facer as cousas para que estas queden rematadas e faciliten a vida das persoas”.

O BNG-AA propón unha rampa mecánica e un elevador para mellorar a accesibilidade ao Centro de Saúde de S. Roque