A EDIL DO BNG INFORMOU “ENTENDEMOS QUE DESPOIS DUN ANO NON SE NOS PODE SEGUIR DANDO LARGAS” E INFORMOU QUE “NON VOLTAREMOS ATA QUE SE DEA UNHA EXPLICACIÓN LÓXICA”

O BNG abandona a comisión de seguimento de asuntos plenarios “ata que se de unha solución ao tema do bus”

Maitemicro RG
Maitemicro RG

Maite Ferreiro sinalou “é unha tomadura de pelo que non se de ningunha información sobre os acordos relativos á concesión do servizo de bus”

O BNG abandona a comisión de seguimento de asuntos plenarios “ata que se de unha solución ao tema do bus”

Lugo, 8 de febreiro de 2019. O BNG abandonou a comisión de seguimento de asuntos plenarios “despois de que a alcaldesa non fora capaz de dar unha resposta diferente á que leva repetindo durante máis de un ano” explicou Maite Ferreiro e sinalou “é unha tomadura de pelo que non se de ningunha información sobre os acordos relativos á concesión do servizo de bus”. Ferreiro avanzou que “o BNG non volverá a ningunha comisión deste tipo ata que, polo menos do bus, non se dea ningunha resposta concreta”.

A edil do BNG explicou “entendemos que hai asuntos que teñen complicación técnica ou burocrática e que hai que agardar tempos por que non teñen fácil solución, pero parécenos inadmisible que no asunto do bus se sigan dando largas e se nos siga ocultando información”. O pleno do concello de Lugo aprobou reiteradamente iniciativas “para que o goberno poña en marcha o sistema de seguimento das liñas de bus e que se informe aos grupos da corporación de todas as cuestións relativas ao novo contrato do servizo de buses”.

Maite Ferreiro avanzou “dende o BNG seguiremos traballando para que o bus funcione en Lugo, por que o concello ten os medios e as ferramentas para facer que a empresa poña en marcha medidas para modernizar o servizo e poñelo á altura deste século”.