O BNG acusa á presidenta da Deputación de “despilfarrar” 2,4 millóns de euros no edificio da Cámara

O BNG acusa á presidenta da Deputación de “despilfarrar” 2,4 millóns de euros no edificio da Cámara

índicePara os nacionalistas trátase dunha operación calculada para “beneficiar a alguén” con cartos públicos que “lembra as operacións máis sinistras da época de Cacharro Pardo”

Dende o BNG sinalaron que “non é normal que neste momento de crise, no que a todo o mundo se lle está dicindo que non hai cartos para nada, se despilfarren 2,4 millóns de euros nun edificio que non é necesario”

Lugo, 14 de setembro de 2015.  O Grupo Provincial do BNG reclamará información ao goberno da Deputación para aclarar cales son os fins que moven ao partido popular a “gastar 2,4 millóns de euros nun edificio que non é necesario neste momento para a institución”. Os deputados nacionalistas sinalaron que “as Deputacións teñen que adelgazar o seu patrimonio e non comprometer os seus orzamentos coa compra de novos edificios, innecesarios, e que lle acarrearán á Deputación importates gastos para o seu mantemento e conservación”.

Dende o BNG sinalaron que “non é normal que neste momento de crise, no que a todo o mundo se lle está dicindo que non hai cartos para nada, se despilfarren 2,4 millóns de euros nun edificio que non é necesario”. Para os nacionalistas trátase dunha operación calculada para “beneficiar a alguén” con cartos públicos que “lembra as operacións máis sinistras da época de Cacharro Pardo”.

“Elena Candia terá que explicarlle a todos os concellos e colectivos que se lles dixo que non había cartos para apoioalos de onde vai sacar estes 2,4 millóns de euros” sinalaron dende o BNG e engadiron que “dende a chegada do PP ao goberno provincial foron continuos os recortes e a suspensión de programas que estaban establecidos, sempre co excusa da austeridade”.

A día de hoxe a Deputación posúe amplos e suficientes espazos que poderían albergar perfectamente o servizo de recadación sen ter que recurrir á compra de novos edificios. Segundo explicou o voceiro nacionalista na Deputación de Lugo “é unha falacia utilizar como argumento o pago das indemnizacións a traballadores por que non ten nada que ver unha cousa coa outra, e o único que trata de facer o PP é confundir á xente para encubrir unha operación na que alguén vai sair moi beneficiado cos cartos de todos”.

O BNG acusa á presidenta da Deputación de “despilfarrar” 2,4 millóns de euros no edificio da Cámara