VARIOS ORGANISMOS EUROPEOS ESTUDAN AS POSIBLES REPERCUSIÓNS DOS COMPOSTOS UTILIZADOS PARA A COLOCACIÓN DOS CAMPOS DE HERBA ARTIFICIAL ANTE AS SOSPEITAS DE TOXICIDADE

O BNG advirte que Lugo pode perder un investimento da Federación para a mellora dos campos de fútbol

Campo Municipal de A Cheda
Campo Municipal de A Cheda

“Neste momento os campos de fútbol de herba artificial precisan dun arranxo e de revisar os produtos utilizados que poderían ser tóxicos” dixo Rubén Arroxo
 

O BNG advirte que Lugo pode perder un investimento da Federación para a mellora dos campos de fútbol

Lugo, 19 de agosto 2017. O BNG pediu que o goberno municipal aclare cal é a situación na que se atopa o posible convenio entre o Concello e a Federación Galega de Fútbol para que esta última entidade faga en Lugo o investimento previsto dentro do Plan de Inversións desta Federación para o ano 2016. Rubén Arroxo advertiu que “Lugo podería perder unha inversión da Federación que rondaría os 50.000 euros por uns motivos que descoñecemos e que queremos que o PSOE aclare”. Para o BNG “non sería entendible que Lugo perdese fondos para mellorar as instalacións deportivas por unha visión partidista do goberno municipal”.

“Lugo podería perder unha inversión da Federación que rondaría os 50.000 euros"


Rubén Arroxo sinalou que Lugo conta con 5 campos de fútbol municipais: As Gándaras (1 e 2), A Cheda, Parque da Milagrosa e O Polvorín. Todos estes campos precisan da renovación e mantemento do céspede artificial que teñen e que, en todos os casos, leva bastantes anos xa instalados. Ademais, Arroxo puntualizou que “neste momento este tipo de instalacións están baixo vixilancia polo tipo de materiais que se utilizaban fai anos para a súa instalación” e explicou que “varios organismos europeos estudan as posibles repercusións dos compostos utilizados para a colocación dos campos de herba artificial ante as sospeitas de toxicidade”.


No Plan de Inversións da Federación Galega de Fútbol elaborado para o exercicio 2016 (achégase copia) existe unha partida, no apartado de Infraestruturas Deportivas (Campos de Fútbol) e convenios con administracións públicas, destinada a un Campo de Fútbol para Lugo. Durante o ano 2016 non se fixo ningún investimento significativo dos que precisan os campos de fútbol de titularidade municipal deste concello. O BNG preguntará se o Goberno Municipal a manter algún tipo de conversa ou negociación coa Federación Galega de Fútbol para chegar aos acordos necesarios para que este investimento en Lugo fose posible e en caso de chegar a un acordo coa Federación., cal sería o destino dos fondos previstos para Lugo.


Posible toxicidade dos materiais
“Neste momento os campos de fútbol de herba artificial precisan dun arranxo e de revisar os produtos utilizados que poderían ser tóxicos” dixo Rubén Arroxo. Hai lagoas presentes nalgúns estudos que levaron ás autoridades a tomar cartas no asunto. Na actualidade, a Axencia Europea de Sustancias e Mezclas Químicas están traballando en colaboración coa Axencia de Protección Ambiental de Estados Unidos e coa Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) para averiguar se as substancias derivadas do caucho reutilizado que se utilizou, durante anos, para a construcións destes campos de herba artificial poden ter consecuencias para o medio-ambiente e a saúde.


A propia EPA, xunto co Centro para o Control e Prevención de Enfermedades e a Axencia de Control de Sustancias Tóxicas anunciaron a posta en marcha dun plan de acción para estudiar os novos componentes para os rechenos dos campos de fútbol conformes á directiva REACH vixente dende o 1 de xuño 2007.


Pódese ver o Plan de Investimentos da Federación Galega de Fútbol na páxina 13 do documento:
http://www.futgal.es/pnfg/NBdd_ShwDocumento?cod_primaria=5001509&cod_documento=17947