A VARANDA DUNS 10 METROS DE LONGO PERDEU AS ANCLAXES NO FORMIGÓN E PODERÍA CAER SOBRE O VIAL DO PASO INFERIOR

O BNG alerta do perigo dunha varanda solta na N-VI no paso sobre o acceso ao Pazo de Feiras

IMG_20171226_124206

Lugo, 26 de decembro de 2017. Rubén Arroxo advertiu do perigo que supón a varanda que permanece inestable na N-VI sobre o paso inferior de acceso ao Pazo de Feiras, o edil do BNG rexistrou unha comunicación dirixida ao Ministerio de Fomento para que se tomen as medidas precisas. A varanda duns 10 metros de longo perdeu as anclaxes no formigón e podería caer sobre o vial do paso inferior. O voceiro do BNG sinalou a importancia do mantemento das infraestruturas para evitar riscos maiores.