A MOBILIZACIÓN ESTÁ IMPULSADA POLO COLECTIVO GALEGAS-8M E O BNG APOIARÁ A MANIFESTACIÓN COA PRESENZA DA SÚA PORTAVOZ ANA PONTÓN, E CARGOS ORGÁNICOS E INSTITUCIONAIS

O BNG apoia a manifestación feminista de Lugo, do 3 de marzo, prevía á folga feminista do 8 de marzo

ComisionFeminista

 Maite Ferreiro dixo que “será unha mobilización histórica na cidade de Lugo por que será a concentración principal a celebrar en Galiza con motivo do 8 d emarzo”

O BNG apoia a manifestación feminista de Lugo, do 3 de marzo, prevía á folga feminista do 8 de marzo

Lugo, 9 de febreiro de 2018. O BNG presentará unha iniciativa no pleno do concello de Lugo para que a corporación amose o seu apoio á manifestación do 3 de marzo e á folga feminista do 8 de marzo. Maite Ferreiro explicou que este ano a manifestación feminista principal en Galiza celebrarase en Lugo, será o 3 de marzo baixo o lema: Por todos os dereitos, por todas mulleres, revolta feminista !!!. A mobilización está impulsada pola plataforma Galegas-8M e o BNG apoiará a manifestación coa presenza da súa portavoz Ana Pontón, e cargos orgánicos e institucionais que se achegarán a Lugo dende diferentes puntos país.

A Comisión de Acción Feminista do BNG de Lugo reuniuse para darlle forma ao apoio que o BNG fará das mobilizacións de marzo. Maite Ferreiro asegurou que “despois do éxito destas mobilizacións, convocadas polo feminismo galego no pasado ano, temos que seguir mandando unha mensaxe clara e provocadora, capaz de xerar debate e remover a conciencia,  porque ante a desigualdade e a violencia contra as mulleres non caben medias tintas nin novos discursos que pretenden devolvernos a épocas ben escuras do pasado”.

Ferreiro sinalou “As mulleres ímonos mobilizar por que ademais de todo o que esta sucendendo coa violencia machista, a fenda salarial, súmanse cuestións indignantes as mensaxes de líderes politicos da dereita e ultradereita,.ou campañas paternalistas e cousificadoras toda unha mostra do neomachismo que retrata a visión que o PP e outros partidos teñen das mulleres”.

Ferreiro aproveitou para facer un chamamento á participación nas mobilizacións previstas de cara ao Día internacional da Muller, empezando pola manifestación do día 3 de marzo en Lugo e seguindo pola folga laboral do 8M, “que se note nos centros de traballo, que se note no consumo e que se note nas casas”, instou a edil do BNG, “porque o mundo non pode funcionar sen as mulleres, pero as mulleres non queremos seguir funcionando con desigualdade”, concluíu.

O BNG apoia a manifestación feminista de Lugo, do 3 de marzo, prevía á folga feminista do 8 de marzo