O BNG – Asembleas Abertas demanda a apertura de comedores escolares durante o verán

O BNG – Asembleas Abertas demanda a apertura de comedores escolares durante o verán

 IMG_5247“O obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas, non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar" dixo Maite Ferreiro

Os xantares deberán enmarcarse dentro dalgún programa lúdico-formativo para contribuir a que as nenas e nenos disfruten deste servizo como unha actividade máis do verán

Lugo, 11 de abril 2011. A edil do BNG-AA no concello de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou que presentará, un ano máis, unha iniciativa no concello de Lugo para que o Goberno municipal impulse, dacordo con outras administaracións, a apertura dalgún dos comedores escolares dos centros educactivos do concello durante todo o verán. Esta petición xurde “ante a situación que estamos a vivir e á cal Lugo non é allea”. Maite Ferreiro explicou que está solicitude xa se fixo con anterioridade o ano pasado e, naquel momento, a concelleira de Benestar aceptou o rogo e afirmou que “sería tido en conta nas actuación levadas a cabo dende o concello”.

Maite Ferreiro dixo que “o obxectivo é asegurar que menores, de familias con dificultades económicas, non carezan dunha alimentación axeitada cando remate o curso escolar". Ferreiro sinalou que o goberno municipal deber artellar esta apertura dos comedores escolares de xeito que os xantares estén enmarcados dentro dalgún programa lúdico-formativo para contribuir a que as nenas e nenos disfruten deste servizo como unha actividade máis do verán.

Para materializar a apertura dalgún comedor no concello de Lugo habería diferentes posibilidades, segundo explicou Maite Ferreiro, ou ben se podería abrir un comedor dos que son xestionados directamente pola consellería de educación, ou ben a Xunta podería dotar de fondos ao concello de Lugo para que se manteña aberto algún dos comedores, que nos centros públicos, xestiona o concello.

No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia Xunta de Galiza: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gándaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón, Quiroga Ballesteros e Paradai que carecen de comedor.

O BNG – Asembleas Abertas demanda a apertura de comedores escolares durante o verán