O BNG-Asembleas Abertas pide unha maior axilidade na xestión e no pago das subvencións

O BNG-Asembleas Abertas pide unha maior axilidade na xestión e no pago das subvencións

IMG_1827“Se queremos manter a importante actividade deportiva e cultural de Lugo, é preciso retrasar o menos posíbel o pago de subvencións e convenios” sinalou Rubén Arroxo

As axudas de cultura para o 2015 aínda están se convocar e as dirixidas ao tecido as subvencións para as de carácter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente foron convocadas a principios de novembro

Lugo, 16 de novembro de 2015. O portavoz municipal do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo pide que haxa unha maior celeridade á hora de sacar e pagar as subvencións e convenios que outorga o concello de Lugo “a maioría dos clubes deportivos e das asociacións culturais, veciñais ou doutra índole, teñen un financiamento que depende principalmente das subvencións das diferentes administracións, en moitos casos os retrasos no pago ou na súa convocatoria poñen en risco o seu traballo” afirmaba Arroxo tras ter falado con diferentes colectivos de Lugo, que ven con preocupación a continuación da súa existencia, dado o reiterado retraso nos últimos anos.

O grupo municipal do BNG-Asembleas Abertas considera que cómpre buscar fórmulas de cara a lograr que a administración local poida apurar estes trámites, e que así as entidades teñan asegurado os seus orzamentos en tempo e forma, xa que se están a atopar con dificultades importantes para facer os pagos, que van dende pagar un desprazamento para un evento deportivo, ou cumprir cas facturas básicas dunha actuación cultural.

O portavoz nacionalista quixo facer fincapé no grande traballo que os clubes e asociacións fan por Lugo, expoñendo a súa preocupación no caso de sufriren problemas de financiamento “Se queremos manter a importante actividade deportiva e cultural de Lugo, é preciso retrasar o menos posíbel o pago de subvencións e convenios”, apuntando tamén que dende o inicio da crise económica existen entidades que manteñen a súa actividade con moitas dificultades “ata non hai moito existían colaboracións privadas, patrocinios e importantes apoios individuais, pero nos últimos 6 ou 7 anos isto desapareceu nun número importante delas”.

Rubén Arroxo opinou que se debe de apostar por un “concello vivo” e ante iso aclarou que é máis preciso que nunca dar todo o apoio posíbel tanto a aquelas entidades que xa o están a facer dende hai anos, como ás que que constantemente nacen con novos proxectos. O voceiro nacionalista lembrou que ss axudas de cultura para o 2015 aínda están se convocar e as dirixidas ao tecido as subvencións para as de carácter veciñal, educativo, profesional e de medio ambiente foron convocadas a principios de novembro.

O BNG-Asembleas Abertas pide unha maior axilidade na xestión e no pago das subvencións