O BNG celebra este 25 de xullo un día da Patria Galega "expansivo e descentralizado"

Debido á crise sanitaria, desde o BNG apostan por realizar actos simultáneos nas sete cidades galegas con conexión ao vivo co acto central de Compostela

O acto de Lugo comezará ás 12 horas na praza Anxo Fernández Gómez, e contará coas intervencións de Iago Suárez, Olalla Rodil e Rubén Arroxo​

O BNG celebra este 25 de xullo un día da Patria Galega "expansivo e descentralizado"

Lugo, 22 de xullo de 2020.- O Bloque Nacionalista Galego celebrará este ano a festividade do Día da Patria -25 de xullo- cun acto de forma simultánea nas sete cidades do país, no que se contará cunha conexión ao vivo desde a Praza da Quintana compostelá.

Debido ao contexto producido pola COVID-19, o bloque tivo que adaptarse para a realización deste festividade. As nacionalistas salientaron que este modelo é unha oportunidade para festexar de xeito ‘expansivo e descentralizado” no que animan á mobilización popular para reivindicar e celebrar o día da nación que compartimos todas as galegas e galegos como tamén a conmemoración do centenario desta festividade.

En Lugo será na Praza Anxo Fernández Gómez -detrás do Concello de Lugo- ás 12 horas no que haberá a actuación musical de “Nebra” e as intervencións de Iago Súarez, integrante de Galiza Nova, Rubén Arroxo, tenente-alcalde de Lugo, e Olalla Rodil, deputada no Parlamento de Galiza.

Deseguido a conexión ao vivo desde a Praza da Quintana, coas intervencións do Secretario Xeral de Galiza Nova, Paulo Ríos, e da Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón.

Contaranse con todas as medidas de acordo as normativas sanitarias para garantir a seguridade de todas as asistentes.

O BNG celebra este 25 de xullo un día da Patria Galega "expansivo e descentralizado"