RUBÉN ARROXO DIXO “IMOS TER MOI DIFÍCIL VOTAR A FAVOR DE CALQUERA PROPOSTA POR QUE O GRADO DE CONFIANZA NESTE GOBERNO FOI DECRECENDO A MEDIDA QUE PASA O TEMPO”

O BNG celebrou unha asemblea local aberta para analizar o grado de cumprimento dos orzamentos do concello

IMG_8795

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo sinalou que “unha cousa é dicir que si a todo e outra moi diferente é executar as propostas para que Lugo avance”

O BNG celebrou unha asemblea local aberta para analizar o grado de cumprimento dos orzamentos do concello

Lugo, 16 de abril de 2016. Rubén Arroxo trasladou, ás persoas asistentes á asemblea local aberta, información sobre o grado de cumprimento das propostas do BNG para os orzamentos municipais do ano 2016. Arroxo explicou que “antes da aprobación dos orzamentos deste ano o goberno municipal manifestou a súa intención de contemplar as propostas que foran presentadas pola formación nacionalista”. Naquel momento o BNG-AA trasladoulle ao goberno unha listaxe cun total de 72 propostas das que unicamente se executaron 3 na súa totalidade.

Arroxo recoñeceu que das 72 propostas había moitas que eran complicadas de efectivizar neste ano, como a peonalización do tramo da Mosqueira na ronda da Muralla ou a conversión do primeiro tramo da Av. da Coruña en unidireccional, “mais o goberno non tivo vontade de dar pasos para iniciar a súa execución”. “Entre as 72 propostas que presentamos había moitas cousas que eran facilmente executables, como a implantación da zona 30 ou a creación dalgún aparcadoiro disuasorio” afirmou Arroxo.

Esta foi a primeira xuntanza dun proceso asembleario no que o BNG-AA decidirá cal será a súa postura no pleno de orzamentos. O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo sinalou que “unha cousa é dicir que si a todo e outra moi diferente é executar as propostas en beneficio das veciñas e veciños”. Rubén Arroxo sinalou que “o problema deste goberno non é solamente os orzamentos que elaboran o problema é que despois non se executan e Lugo segue en estado de abandono”.

O BNG celebrou unha asemblea local aberta para analizar o grado de cumprimento dos orzamentos do concello