ESTA RÚA QUE FOI RECENTEMENTE ACONDICIONADA ENTRE A ESTACIÓN DE AUTOBUSES E O EDIFICIO DA ANTIGA CÁRCERE TEN NUMEROSAS FOCHANCAS E PEDRAS LEVANTADAS

O BNG celebrou o día da árbore coa colocación simbólica dunha árbore nas fochancas da rúa Soto Freire

“Ademais de celebrar o día da árbore quixemos evidenciar o abandono dunha obra recen feita e da que semella que ninguén se fai cargo” afirmou Rubén Arroxo

O BNG celebrou o día da árbore coa colocación simbólica dunha árbore nas fochancas da rúa Soto Freire

Lugo, 21 de marzo de 2018. O BNG de Lugo fixo un acto simbólico no día da árbore para evidenciar a mala calidade do pavimento da rúa Soto Freire. “Ademais de celebrar o día da árbore quixemos evidenciar o abandono dunha obra recen feita e da que semella que ninguén se fai cargo” afirmou Rubén Arroxo. Coa colocación dunha árbore nunha das fochancas desta rúa os nacionalistas demandaron do concello “que se actúe para que unha das últimas rúas que se pavimentaron no centro da cidade teña o aspecto que debe de ter”.

A rúa Soto Freire foi recentemente acondicionada entre a Estación de Autobuses e o edificio da antiga Cárcere e ten numerosas fochancas e pedras levantadas. Dende a colocación do pavimento de lastra os problemas foron continuos e denunciados en numerosas ocasións. “Seguiremos traballando para que Lugo funcione e para que as rúas da cidade se conserven nun bo estado e todas as persoas poidan pasear admirando a cidade e non pendentes de non meter os pes nas fochancas” dixo Arroxo.