O BNG considera insuficientes as medidas no sector agrogandeiro

Olalla Rodil con membros do sector

Olalla Rodil mantivo unha xuntanza virtual con representantes e produtores do sector.

O BNG considera insuficientes as medidas no sector agrogandeiro

Lugo, 21 de abril de 2020. A deputada no Parlamento de Galiza por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza telemática con representantes e produtores do sector agrogandeiro das comarcas e terras de Lugo. A finalidade deste encontro é ter información de primeira man, na que persoas provenientes do sector partillen impresións e experiencias para formular unha análise da situación que están a vivir nesta crise producida polo COVID-19.

Desde o BNG compartimos as preocupacións co sector agrogandeiro, como a baixada de prezos que están a sufrir en orixe, a baixada de produción por parte da canle HORECA (hostalería e restauración) e a súa recolocación no mercado como tamén a falta de medidas concretas que respondan a realidade do noso país supoñen un chanzo máis nos efectos desta crise.

Porén, a organización frontista insta á Xunta de Galiza a que deseñe e aprobe medidas específicas para compensar a caída dos prezos como tamén a promoción e impulso dos mercados de proximidade coa súa reapertura garantindo as medidas de seguridade. O fin que perseguen é garantir a viabilidade económica e a súa funcionalidade social de produción de alimentos para a sociedade.

Olalla Rodil declarou “as medidas que impulsou o Ministerio de Agricultura son claramente insuficicientes e inxustas coas explotacións galegas, non teñen para nada en conta a realidade, as especifici/dades do sector agrogandeiro galego”.

A deputada subliñou por parte da xestión do goberno galego neste ámbito “ a Xunta de Galiza non está a despregar toda axuda, todas as medidas que podería e debería levar adiante o goberno galego para compensar a paliar esa caída dos prezos en orixe das explotacións, especialmente de vacún, de ovino e de caprino”

O Bloque Nacionalista Galego segue traballando para poder levar adiante medidas para paliar os efectos económicos e sociais que está a producir o coronavirus na nosa sociedade.

O BNG considera insuficientes as medidas no sector agrogandeiro