O BNG considera que a ubicación das letras de “Lugo” non se están a colocar nos sitios máis acaídos

Rubén Arroxo sinalou “son moi habituais as fotos nas redes sociais poñendo de fondo letras das cidades, se se colocan só en rotondas en Lugo non será posible”

O BNG considera que a ubicación das letras de “Lugo” non se están a colocar nos sitios máis acaídos

Lugo, 24 de abril 2019. O BNG considera que de mercar unhas letras co lema de “Lugo” estas non poden só estar en dúas rotondas, dado que a día de hoxe o uso que se lle está a dar noutras cidades ten carácter de promoción turístico a través das redes sociais das persoas visitantes “son moi habituais as fotos nas redes sociais poñendo de fondo letras das cidades, se se colocan só en rotondas en Lugo non será posible” afirmou Rubén Arroxo, que en todo caso, se alguén o intentase, estaría poñéndose en risco, dado que ambas van situadas en avenidas con bastante tráfico.

Nesta liña dende o grupo nacionalista apostan por colocar unhas novas letras nalgún punto do centro da cidade, para que ao igual que outros lugares, Lugo poida ter o seu nome en fotos nas plataformas dixitais. O propio voceiro municipal expuxo que habería que buscar un espazo no que non afectase ao patrimonio, ou que as cores e a estética foran acordes coa paisaxe urbana, pero considerando á vez que o ideal sería nun lugar próximo ao centro urbano “a colocación destas letras en espazos moi usados como a praza da Horta do Seminario, ou na praza da Constitución, que á vez é acceso da estación de buses, poderían ser dous lugares acaídos” explicou Rubén Arroxo.