O ACTO SERÁ O MARTES, 27 DE NOVEMBRO, NO CENTRO SOCIAL UXIO NOVO-NEYRA DE LUGO ÁS 19:30 HORAS

O BNG continúa co ciclo de Charlas Feministas cun faladoiro sobre Xustiza e Violencia Machista

Intervirán a Maxistrada, Dalila Dopazo, a Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e a edil do BNG en Lugo, Maite Ferreiro

O BNG continúa co ciclo de Charlas Feministas cun faladoiro sobre Xustiza e Violencia Machista

Lugo, 23 de novembro de 2018. A edil Maite Ferreiro, acompañada de integrantes do BNG presentou a nova convocatoria do ciclo de Charlas Feministas que o BNG ven programando dende principios do pasado ano en Lugo. Ferreiro informou que, como xa é habitual, as charlas celebraranse no Salón de Actos do Centro Social Uxio Novoneyra, a partir das 19:30 horas, e explicou “a Xustiza e a Violencia Machista centrarán este encontro que se celebrará o 27 de novembro”.

Sobre Xustiza e Violencia Machista. falarán a Maxistrada do social nº 3, Dalila Dopazo, a Fiscal de Violencia Machista, Pilar Fernández, e a edil do BNG en Lugo, Maite Ferreiro. Maite Ferreiro convidou a todas as mulleres e ás persoas interesadas a asistir a estes encontros por que “queremos que Lugo funcione e para iso temos que construir unha sociedade máis igualitaria na que as mulleres sexan protagonistas das súas propias vidas e da vida da cidade na que viven”.

Ademais, a edil do BNG, confirmou que ““Imos continuar programando encontros feministas por que a sociedade demanda información e mobilización neste eido”.Maite Ferreiro lembrou que ata a data de hoxe os encontro feministas promovidos polo BNG e Galiza Nova foron os seguintes:

7 de marzo de 2017 Por que é necesario o feminismo? Teresa Glez Piñeiroa e Olalla Rodil

19 de abril de 2017 patriarcado e capitalismo con Mª Carme García Negro e Noa Presas

27 de xuño de 2017 Presente e futuro das liberdades sexuais con Carlos Callón e Iria Carreira

29 de setembro ventres de alugueiro de 2017 con María Reimóndez e Olalla Rodil

Sandra piñeiro

20 de novembro de 2017 VIOLENCIA MACHISTA: antes e despois da denuncia no que participaron a xuiza Sandra Piñeiro e a traballadora social María Castro.

13 de marzo de 2018 ”As Mulleres no Mundo Laboral”. O encontro tivo lugar no Centro Social Uxio Novoneyra de Lugo e participaron: Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada no Xulgado do Social número 3; Marta Rodríguez Engroba, presidenta da asociación Si hai Saída e Raquel Grandio Montes, Orientadora Laboral de COGAMI.

25 de setembro de 2018 Coñecendo a Endometriose con representantes da Asociación QUERENDEO – Mulleres con Endometriose, Andrea López, a Xinecóloga Xubilada, Chus Méndez.