O BNG convoca un acto público en Baleira para falar do “catastrazo”

O BNG convoca un acto público en Baleira para falar do “catastrazo”

CATASTRAZOMañá mércores 27 de abril, o centro socio-cultural do Cádavo acollerá unha xuntanza na que especialistas en xestión catastral  aclararán como afecta a regulación catastral

O concello de Baleira pasou de cobrarlle á veciñanza 49.592 € no ano 2007 a 111.842 no 2014, un 126 % máis que saíron do peto das persoas contribuíntes

Baleira, 26 de abril 2016. Mañá mércores 27 de abril, o centro socio-cultural do Cádavo acollerá ás 17:00 unha xuntanza na que especialistas en xestión catastral  aclararán como afecta a regulación catastral no medio rural. Para o BNG “a revisión do Catastro foi utilizada polo goberno do PP en Madrid para recadar dos veciños e veciñas de cada municipio os cartos que o Goberno do Estado deixou de entregarlles aos concellos nos últimos anos”. A revisión catastral supón un incremento da carga impositiva para as familias que se suma ás subidas xeneralizadas nos impostos que pagamos a maioría - IRPF, IVA, IBI, …

O BNG opúxose desde o principio a este “catastrazo” presentando iniciativas no Congreso e no Parlamento galego para que se paralizase, que o PP non quixo atender. O BNG tamén está facendo que nos concellos a revisión do valor dos inmóbeis no Catastro se efectúe tendo en conta o seu valor real e partindo da súa función económica. Ademais o BNG reclama que se establezan bonificacións na cota para edificacións vinculadas á actividade agraria e para as persoas que non teñan recursos suficientes.

Unha das medidas propostas polo BNG é que o concello de Baleira non esixa os atrasos dos últimos catro anos do IBI. O concello de Baleira pasou de cobrarlle á veciñanza 49.592 € no ano 2007 a 111.842 no 2014, un 126 % máis que saíron do peto das persoas contribuíntes. Só este ano 2016, o concello de Baleira deixa de recibir 69.000 € pola citada discriminación. A maiores, neste ano 2016, os valores catastrais das vivendas de Baleira van subir outro 10% por mor da actualización por decreto da ponencia de valores e a esto hai que sumar os 60 € de taxa de actualización que se reclaman dende a xerencia do Catastro pola actualización dos datos de casa, pendello ou inmoble.

Na participación nos tributos do Estado (PIE), os concellos galegos levan anos discriminados. Neste 2016, a media por habitante que van recibir os concellos galegos vai ser de 209 € ( 50 € menos da media do Estado), mentres os de Madrid recibirán 350 €, os de Cataluña 314 € ou os de Aragón 290 €. Con este sistema inxusto de reparto, nos últimos 13 anos, os concellos galegos no seu conxunto, recibiron 1.512 millóns de euros menos do que lles correspondería.

O BNG convoca un acto público en Baleira para falar do “catastrazo”