O BNG CONVOCARÁ UN ACTO PARA EXPLICARLLES AOS VECIÑOS QUE PP E PSOE PARALIZARON O PLAN PARADAI

O BNG CONVOCARÁ UN ACTO PARA EXPLICARLLES AOS VECIÑOS QUE PP E PSOE PARALIZARON O PLAN PARADAI

IMG_5823 A voceira do BNG mantivo unha xuntanza con representantes dos movementos veciñais lucenses para presentarlles a moción que o BNG defenderá no pleno de outubro sobre o Plan Paradai

O investimento na zona de Paradai pasa de case 9 millóns de euros, do convenio inicial, a  pouco máis de 3 millóns de euros

Lugo, 26 de setembro 2014. O BNG convocará un acto público na inmediacións do parque do Sagrado Corazón o vindeiro martes, 30 de setembro, ás 19:00 horas para explicarlles aos veciños e veciñas da zona cal é o estado actual do convenio entre Xunta e Concello para a execución do Plan Paradai. Nunha xuntanza mantida hoxe entre a voceira e representantes do movemento veciñal lucense, Paz Abraira anunciou que o BNG levará unha moción sobre este asunto ao pleno municipal do día 6 de outubro.

Na xuntanza de hoxe partiparon, ademais de Paz Abraira e do responsábel local do BNG de Lugo, Jaime Gueimonde como presidente da Asociaicón Gatos Roxos de As Gandaras, José Manuel Carballo da asociación Porta de Lugo, Valentín Árias de UNAVE  e Jesús Vázquez en represencatión a Federación Veciñal Lucense. A voceira do BNG deulles a coñecer cal é a situación, neste momento, dos acordos entre a Xunta de Galiza e o concello de Lugo sobre o Plan Paradai.

IMG_5822

A voceira do BNG informou, aos representantes do movemento veciñal, que na xunta de goberno local, celebrada o pasado mércores 17 de setembro, aprobouse a adenda nº3 asinada en xuño de 2014 e referente ao Plan Paradai. Paz Abraira explicou que coa aprobación desta adenda “dase finiquito ao convenio que había asinado entre as dúas administracións para a realización das obras pendentes do Plan Paradai coa realización da ponte de Paradai”. Para o BNG “hai un acordo entre o PP, no goberno da Xunta, e o PSOE, no goberno municipal de Lugo, para non rematar o Plan Paradai”.

A adenda nº3 di que o convenio queda circunscrito exclusivamente a esa obra e cun custe máximo de 3.557.000 € que vai rematar na anualidade 2015 e que a vixencia do convenio é ata o remate das obras o 31 de 2015. “Temos o compromiso de que as obras van rematar en decembro de 2014 e os pagos vanse extender a 2015” explicou Paz Abraira. Coa aceptación desta proposta, feita pola Xunta de Galiza, por parte do goberno municipal de Lugo dos catro proxectos do Plan Paradai o único que se vai facer é o que xa está en construción de Ponte Paradai.

A obra que se está executando vai rematar a finais de 2014 polo tanto é obrigado asinar un novo convenio con dotación económica e con prazos concretos para rematar o que está pendente. “O alcalde terá que explicarlles aos veciños de Paradai por que transixe co esta proposta da Xunta e terá que explicarlles aos veciños de Lugo por que transixe co abandono do Cuartel de San Fernando” sinalou Abraira.

Xuntanza con veciños o vindeiro martes

Paz Abraira dixo que “o BNG non vai renunciar a que se cumpla aquelo que hai comprometido con esta cidade” e por eso o BNG convocará un acto aberto o vindeiro martes, 30 de setembro, ás 19:00 horas para explicarlles aos veciños e veciñas cal é a situación na que se atopa o Plan Paradai. O acto convocado polos nacionalistas terá lugar na praza próxima ao parque do Sagrado Corazón, a carón do río Rato, no comenzo da subida cara As Gándaras.

O BNG CONVOCARÁ UN ACTO PARA EXPLICARLLES AOS VECIÑOS QUE PP E PSOE PARALIZARON O PLAN PARADAI