BAIXO O TÍTULO EXPERIENCIAS DUN ALCALDE DO BNG NUN CONCELLO RURAL ESTE FONSAGRADINO CONTARÁ AS SÚAS EXPERIENCIAS COMO ALCALDE DO CONCELLO OURENSÁN

O BNG da Fonsagrada organiza un encontro con Secundino Fernández , actual alcalde de Viana do Bolo

Secundino Fernández - Alcalde de Viana do Bolo
Secundino Fernández - Alcalde de Viana do Bolo

O acto celebrarase o venres 24 de novembro, ás 20:30 horas, no salón de actos de Os Chaos e estará presentado pola edil do BNG na Fonsagrada Nenoso Ortiz de Galisteo

O BNG da Fonsagrada organiza un encontro con Secundino Fernández , actual alcalde de Viana do Bolo

A Fonsagrada, 22 de novembro de 2017. O BNG da Fonsagrada programou para este venres, 24 de novembro, unha charla-coloquio co actual alcalde de Viana do Bolo. Secundino Fernández, coñecido como Nino, que explicará as actuacións feitas polo BNG no concello Ourensán na charla que levará por título as Experiencias dun alcalde do BNG nun Concello Rural. Secundino Fernández é natural da Fonsagrada e foi durante anos portavoz do BNG neste concello.  

Secundino Fernández chegou a Viana do Bolo como Técnico da Oficina Agraria Comarcal e, tras presentarse como candidato polo BNG, acadou a alcaldía nos comicios do ano 2015. Dende aquela o concello de Viana do Bolo ten promovido iniciativas transformadoras para a mellora da vida das veciñas e veciños tanto na propia vila como no ámbito rural.

Tras a charla-coloquio que se celebrará o vindeiro venres, día 24 de novembro, ás 20:30 horas no Salón de Actos “Os Chaos”, e na que participarán a nosa portavoz municipal, María Xosefa Ortiz de Galisteo Perez “Nenoso”, e o noso veciño e hai anos portavoz municipal do BNG na Fonsagrada, Secundino Fernández Fernandez “Nino” haberá unha cea de confraternidade no restaurante Cantábrico.