O BNG denuncia o “estado de abandono no que se atopa o sistema ferroviario da provincia” cunha viaxe simbólica de Lugo a Sarria

Olalla Rodil acompañada de concelleiros e concelleiras de localidades afectados e militantes.
Olalla Rodil acompañada de concelleiros e concelleiras de localidades afectados e militantes.

Olalla Rodil comprometeu a voz do BNG no Congreso para defender un tren digno fronte “aos anuncios que logo non chegan a materializarse”.

O BNG denuncia o “estado de abandono no que se atopa o sistema ferroviario da provincia” cunha viaxe simbólica de Lugo a Sarria

Sarria, 7 de novembro. O BNG realizou este xoves unha viaxe simbólica de Lugo a Sarria "para denunciar o estado de abandono no que se atopa o sistema ferroviario na provincia".

A cabeza de lista ao Congreso, Olalla Rodil, denunciou “as promesas incumpridas das forzas estatais, PSOE e PP, que alternaron no goberno nas últimas décadas” e “comprometeu a voz do BNG no Congreso para reclamar un tren digno, que atenda as necesidades das nosas comarcas e contribúa á vertebración territorial do país”.

Rodil, que fixo esta reivindicación acompañada por integrantes da candidatura nacionalista ao Congreso e ao Senado como Yann Pouliquen, Cosme Eladio Pombo e Pilar Prieto, e polos concelleiros de Lugo, Rubén Arroxo e Felipe Rivas, sinalou como primeiro paso para a modernización do servizo ferroviario a instalación da catenaria e electrificación do treito entre Lugo e Monforte.

 

Olalla Rodil e Rubén Arroxo no interior do tren

Unha vez máis, coincidindo coa campaña electoral, chegan os anuncios de licitacións que logo non chegan a materializarse. As forzas estatais seguen con promesas mentras esta parte da Galiza segue, en novembro de 2019, coa mesma liña de tren de 1883” , denunciou a candidata nacionalista en referencia ao anuncio feito polo Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif).

Rodil incidiu en que “unha liña ferroviaria ben xestionado, con horarios que respondan ás necesidades da veciñanza e que faciliten a chegada ás grandes cidades e os trasbordos con servizos de longa distancia,, é unha ferramenta fundamental para a vertebración e a cohesión do territorio porque facilita a mobilidade e o acceso aos servizos sanitarios, educativos e culturais pero tamén o desenvolvemento económico”.

Acto público en Chantada

axenda electoral da formación nacionalista, que ao longo da xornada organizou repartos electorais en San Cibrao, Viveiro, Mondoñedo ou no barrio da Milagrosa, en Lugo, culminou cun acto público na Casa Sindical de Chantada.

Na súa intervención, o candidato ao Congreso, Yann Pouliquen, reivindicou o nacionalismo galego como “a única forza que defenderá os intereses e dereitos dos galegos e das galegas no Congreso” e como “unha garantía para frear o avance de formacións políticas e ideoloxías totalitarias que atentan contra os dereitos fundamentais”.