O RECORTE IMPOSTO POLA XUNTA NOS FONDOS DESTINADOS AO ARRANXO DE CAMIÑOS MUNICIPAIS AFECTA A TODOS OS CONCELLOS DIVIDINDO POR 3 A MEDIA DO QUE PERCIBÍAN O ANO PASADO

O BNG denuncia que a Xunta reduciu a un terzo os fondos destinados ao arranxo de pistas rurais

O concello de Sarria pasa de recibir 108.191 euros no ano 2016 a 42.759 euros no ano 2017 “por que o PP decidiu quitar os fondos europeos” sinalou a Parlamentaria Olalla Rodil

O BNG denuncia que a Xunta reduciu a un terzo os fondos destinados ao arranxo de pistas rurais

Sarria, 15 de xuño 2017. A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil, visitou varias vías municipais do concello da Sarria acompañada do Tenente de Alcalde, Efrén Castro, e de militantes do BNG de Sarria, Samos e Láncara. Rodil, concretou que o concello da Sarria pasa de recibir 108.191 euros no ano 2016 a 42.759 euros no ano 2017 “por que o PP decidiu quitar os fondos europeos”. A parlamentaria do BNG informou que a redución nas axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 publicadas no DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017, “afectan a todos os concellos do país e dividen practicamente por 3 a cantidade que percibían o ano pasado”.

O Tenente de Alcalde no concello de Sarria, Efrén Castro, asegurou que “os fondos da Xunta deste ano non chegan para asfaltar nin 3 km de pistas” e puntualizou que “ao custe da obras hai que engadir os gastos do o control de calidade, proxecto, dirección de obra, e o IVE que aporta o concello directamene o concello”, e denunciou que “a redución de fondos aplicada pola goberno do PP na Xunta vai impedir o arranxo da maior parte das pistas e camiños do concello”. O concello pasou de recibir 108.191 euros no ano 2016 a 42.759 euros no ano 2017 e esta será a cantidade que recibirá tamén no ano 2018 “a máis baixa dos últimos 10 anos” sinalou Efrén Castro que lembrou como durante o goberno bipartito da Xunta, no que o BNG tiña responsabilidades en Medio Rural, os concellos recibían un finanzamento axeitado ás súas necesidades e en Sarria viña recibindo preto de 200.000 €.

A dotación máxima para financiar estas axudas aos concellos para o arranxo de camiños de titularidade municipal na convocatoria deste ano a 15.998.687 €, que se financiarán con cargo á partida orzamentaria 2017-13-A1-712A-760.0 dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, coa seguinte distribución por anualidades. “Trátase dunha convocatoria con trampa” criticou Castro “por que en realidade é unha única convocatoria para os anos 2017 e 2018 co cal as cantidades aínda queda máis mermadas”. Na convocatoria desta liña de axudas no ano 2016 había unha cantidade de 19.998.110 €, mentres que con esta convocatoria “bianual” hai unha partida de 7.999.343,50 € para o ano 2017 e outra similar para 2018.

Eliminación dos Fondos Europeos

O Goberno do PP na Xunta eliminou a partida de FEADER que se incluía habitualmente nesta liña de axudas aos concellos. Os fondos FEADER e a aportación do Estado, a través do MAGRAMA, supuxeron no ano 2016 o 82,5 % do finanzamento deste programa mentres que a Xunta aportaba un 17,5 %. Para os anos 2017 e 2018 o goberno de Núñez Feijoo deicidiu eliminar as partidas económicas procedentes do Estado e de Europa para que a Xunta de Galiza asuma en solitario a finanzamento. Para o BNG “trátase dunha nefasta decisión do partido popular que está castigando a todos os concellos galegos pola súa incapacidade á hora de xestionar os fondos que Galiza recibe doutras instancias”.